BREVET DE 200 KM
Ruta del Prestige. Pola Costa da Morte.
24 DE MARZO
BREVET DE 300 KM
Polas cabeceiras do Eume e Miño
21 DE ABRIL
ABONA TU CUOTA ANUAL
CÓMODAMENTE DESDE LA
PASARELA DE PAGO SIN
RECARGO ALGUNO
AQUÍ
HAZTE SOCIO DEL C.C.RIAZOR, ASEGURA TU PLAZA EN TODOS
SUS EVENTOS Y AHORRATE UNOS EURILLOS
PARA VER O CALENDARIO DE SAÍDAS ENTRE-SEMANA PICA EN "EL CLUB" SALIDAS BTT ENTRE-SEMANA
JOLIN
Onte na parada éramos poucos, pero dentro do que cabe, dabondo para facer unha grupeta: na cita presentámonos Arturo Raña, Alberto, Xoel (rapaz de Verín que está de vacacións na Coruña e saiu connosco) e o menda.
Dada a forma física xeral e que había que estar de volta a unha prudente fixemos a Rota dos Corvos, moita incidencia mecánica: Alberto problemas coas pastillas (de freno...), Xoel doblada a patilla (do cambio..) e eu bloqueo do nucleo (da roda...) así que parecíamos unha grupeta de lisiados de mecánica.
A sorpresa saltou cando xa voltábamos polo campo de golf e de frente vemos acercarse un maillot do Riazor... ¿quén sería o elemento???? pois o mesmésemo Anxo: CACHADO IN FRAGANTI facendo entrenamentos pola súa conta... logo das xustificacións inxustificables e unhas risas quedamos en que o deixaríamos solo en amonestación verbal. Alegrámonos moito de velo totalmente recuperado aínda que según él "baixo de forma" ¡¡¡A próxima querésmote ver coa grupeta!!!!!.
Moi ben Xoel que a pesares de levar a patilla torcida en ningún momento deu o brazo a torcer, un saúdo e grazas por vir con nos.
JOLIN
As fotos:
Baixamos por Morás para ver o ambiente de coches...

E dende logo que sí que estaba a cousa animada...

Eiquí rodando polos camiños de Arteixo:

E o cachado infraganti: O MUNDO É UN PAÑUELO... E MONTE MOI PEQUENO PARA PASAR DESAPERCIBIDO...

O perfil...

Anxo
Vale, vale. Recoñezo que a cachada foi boa.
A próxima vez que o faga, levarei maillot de camuflaxe.