Contacta con nosotros
Usuario
Contraseña
 

Darme de alta como usuario

Enlace a youtube

Visiona todos nuestros vídeos en el 

CANAL RIAZOR

Enlace al facebook

Club Ciclista Riazor

Brevets organizadas por el riazor para el 2012

BREVET DE 200 KM

Ruta del Prestige. Pola Costa da Morte.

24 DE MARZO

 

BREVET DE 300 KM

Polas cabeceiras do Eume e Miño

21 DE ABRIL

Equipaciones

ABONA AQUI TU PEDIDO DE ROPA.

EQUIPACIONES

Licencias 2012

ABONA AQUÍ TU LICENCIA 2012

(normal o subvencionada)

LICENCIAS

Abona tu cuota

ABONA TU CUOTA ANUAL
CÓMODAMENTE DESDE LA
PASARELA DE PAGO SIN
RECARGO ALGUNO
AQUÍ

Formulario de inscricion como socio do club

HAZTE SOCIO DEL C.C.RIAZOR, ASEGURA TU PLAZA EN TODOS

SUS EVENTOS Y AHORRATE UNOS EURILLOS

QUIERO SER UN RIAZOR

Calendario 2011 - informaciÓn

PARA VER O CALENDARIO DE SAÍDAS ENTRE-SEMANA PICA EN "EL CLUB" SALIDAS BTT ENTRE-SEMANA

 

CALENDARIO 2011 DE ESTRADA

 

CALENDARIO 2011 DE BTT

 

Foro del Club Riazor: Salidas BTT, Marchas y Competiciones, Mercadillo, etc...

Foro do Clube :: 03. Saídas Estrada :: Portos Asturianos

mcambeiro

02/08/2010, 20:14

Este fin de semana, eu e Manuel, xunto con Miguel, un compañeiro de moitas xornadas de camiño con Manuel, pasamos uns días en Quirós, Asturias, coa intención de subir algúns dos portos máis fermosos da zona.

Debido as condicións meteorolóxicas, non foi posible cumplir con todo o previsto, pero subimos Somiedo, Ventana, Cobertoria (por Lindes) e Cobertoria (por Lena).

Quedáronnos na recámara A Cubilla, e Gamoniteiro, imposibles pola névoa e a chuvia, que as facían perigosas de baixar, e faltas de motivación para subir polas paisaxes que non desfrutaríamos.


Deixo aquí a crónica en imaxes destas dúas xornadas:

Día 1


Día 2

antonio.sutton

03/08/2010, 13:27
Editado: 03/08/2010, 15:35

Que boas fotos Marcelino!!

Polo demais tan só comentar un par de detalles.

Certificamos que se ben estamos máis ou menos afeitos á dura orografía galaica a alta montaña é outra cousa e isto débese ter sempre presente. E xa non me refiro á dureza intrínseca  a uns portos catalogados polos que saben disto como 1ª ou incluso categoria especial, o realmente complicado son as cambiantes condicións climáticas, a humidade e o frío baixando, os neboeiros, etc.

Por por un exemplo coroamos Somiedo cun frío criminal e en pouco menos de media hora estabamos picando os 30 graos... e o corpo resíntese. Por non falar da baixada da Ventana pola vertente asturiana na que penso que tardei máis de 2 horas en descender eses 25 kms cheos de néboa, orballo, cabalos, vacas, sapos, curuxas e sabe o demo que máis alimañas..... e a todo isto de noite e cun faro de 90 lumens.

Penso que nestes sitios hai que planificar moi ben os itinerarios con alternativas en plan "senda dos cobardes" porque as valentías en certas condicións poden resultar pouco rentables.

Tamén me rondan ideas tremendas, agora xa na casa ao quentiño, do que podería ser unha boa kilometrada encadenado portos pero tamén aproveitando os chans de Castilla y León para elevar medias e tal... Algo así como unha Luchon-Bayonne á Asturiana. Quen sabe o mesmo algún ano poderíase intentar unha ruta circular saíndo de Quirós tipo Brevet dos portos, o carallo ía ser cumprir cos horarios.... pero despois desta fin de semana a idea de botar dous días enteiros por aquelas estradas coa bici randoneira, coa bolsa para poder prescindir da mochila e unhas boas luces non se me quita da cabeza....

A ver se neste Agosto entre chapuzón e chapuzón se pode escreber unha crónica máis ou menos achegada ao que ali sucedeu.

Tamén gostaria de facer mención doutro feito moi relevante desta findesemana. O noso amigo Miguel chegaba con moi poucos kms nas pernas este ano e sen ter superado nunca a barreira dos 180 km nunha soa xornada.
Decote comentaba que non podería superar a primeira xornada (230kms) e menos con esta orografía, nós xa lle diciamos que a cuestión era máis mental que outra cousa pero non se fiaba moito de nós. Finalmente rematou a xornada coma unha rosa e completamente abraiado de que a esas alturas non sofrera molestias de espalda, nin de cu nin de nada... QUERER É PODER.

miliblan

03/08/2010, 20:33

Gracias polas fotos e a crónica pero que envexa me dades. Asturias sempre paga apena. Ten portos de primera e categoría especial, pero tamén ten llano e despois está a paisaxe. Unha mágoa o do tempo e a néboa. Cando fun con Arturo e Ferreiro polos Oscos tivemos máis sorte.

Manuel, haberá que estudar ese percorrido aínda que cada vez véxote máis fino non sei se non te picaría o bicho que pica a case tódolos ciclistas. Coidado que despois pódeste convertir nun abusón. jajaja