BREVET DE 200 KM
Ruta del Prestige. Pola Costa da Morte.
24 DE MARZO
BREVET DE 300 KM
Polas cabeceiras do Eume e Miño
21 DE ABRIL
ABONA TU CUOTA ANUAL
CÓMODAMENTE DESDE LA
PASARELA DE PAGO SIN
RECARGO ALGUNO
AQUÍ
HAZTE SOCIO DEL C.C.RIAZOR, ASEGURA TU PLAZA EN TODOS
SUS EVENTOS Y AHORRATE UNOS EURILLOS
PARA VER O CALENDARIO DE SAÍDAS ENTRE-SEMANA PICA EN "EL CLUB" SALIDAS BTT ENTRE-SEMANA
JOLIN
Cara ó verán imos manter este post activo para reflexar nel as saídas que se fagan de maneira esporádica entresemana, non teñen dia nin horario fixo e se alguén pode e quere sumarse pois así sabe dende onde e a que hora saimos.
-O Venres 18/06/10 temos pensado partir de debaixo da Ponte da Pasaxe (Paseo do Burgo) a eso das 09:30 horas para dar un rule.
JOLIN
Hoxe rotiña do Sapoconcho, por algunhos sitios houbo que improvisar xa que a natureza cómenos os camiños coa silvas. A sorpresa veu na zona da Estorrentada, encontramos a carcoma facendo o traballo... haber como deixan os homes do serrucho os camiños... de momento xa hai tramos imposibles.


Hoxe saquei de paseo a Mérida ríxida, xa tiña telarañas...
JOLIN
-O Mércores 23/06/10 temos pensado partir de debaixo da Ponte da Pasaxe (Paseo do Burgo) a eso das 09:30 horas para outro rule.
JOLIN
Hoxe Turista666 e eu fixemos o 2º tramo da Marcha de Cambre, dende antes de Tabeaio hasta ó final na Ponte da Pasaxe, sairon 46 quilómetros en algo máis de 3 horas.
A verdade que o trazado é moi indicado para días calurosos coma hoxe, vai case todo metido entre sombras polo que o calor vese reducido, ten as súas subidiñas e as súas silveiras nalgún tramo pero nada que non se solucione sobre a marcha, ademáis vese que na maioría dos tramos circula xente pois conservase ben.
Repito que tramo moi recomendado para días calurosos e moi vistoso, por eso o subo á páxina de wikiloc:
(http://es.wikiloc.com/wikiloc/spatialArtifacts.do?event=showFrame&frame=lct)
para que o disfrutedes e de paso ir pisando as silvas que quedan nalgún tramo pequeno, jejeje





JOLIN
Mañá Venres saída suave dende debaixo da Ponte da Pasaxe (Paseo do Burgo) a eso das 09:30 horas e volta coma moi tarde as 13 horas.
JOLIN
Onte, coa boa compañía de Ráfagas, internámonos pola rota do Xato hacia Cecebre e chegando ó Camiño Inglés de Betanzos.
A rota está moi transitable en todos os seus tramos a excepción da parte traseira do Barcés que hai que desviarse pola variante da estrada e logo onde se retoma o sendeiro pegado ó embalse que a xente xa deu por perdido o camiño e cruza polo medio dun prado, desto demonos conta tarde xa que intentamos cruzar polo sendeiro facéndonos un peeling total de cutis...
Rota moi recomendable con 52 quilómetros en 3,5 horas.
JOLIN
SAÍDA POR NIGRÁN-RAMALLOSA-GONDOMAR (PONTEVEDRA)
Aproveitando unha curta estancia polas terras do Sur de Galicia, o Xoves 15/07 demos unha rulada, meu cuñado e meu sobriño de 50 quilómetros maioritariamente por pistas forestais, dado que éste se estrenaba con nos en dúas rodas, non quixemos machacalo con subidas moi fortes polo que foi unha rota moi levadeira , a primeira hora con néboa e calabobos pero rematada con sol e praia pola tarde.
Fotos:
JOLIN
VENRES 23/09 - 09:30 h.
Prevista saída dende a Ponte da Pasaxe (Comenzo do Paseo do Burgo) para dar unha ruladiña pola zona.
JOLIN
Onte saída tranquila acompañado de Ráfagas co cal doblemente satisfeito da mañá de BTT e da charla con él comentando o divino e o terrenal...
Fixemos a rota dos Mortos saíndo 40 quilómetros en 3 horas de pedaleo.
Vémonos... no monte:

JOLIN
Mañá 17/09 sairei as 09:30 horas dente debaixo da Ponte Pasaxe a dar unha rulada, si alguén se apunta mellor.
JOLIN
Rutiña comigo mesmo abordando ó Xalo, cea anubrado que facilitou a labor xa que por Celas tiña hasta algo de frío que pasou tan pronto empezaron as rampas.
O percorrido da primeira parte da rota de Cambre que foi a que fixen está perfecta e excepto o bucle que se fai logo de navegar ó largo do río xa detrás do Xalo que sae á estrada, pois ese tramo está imposible polas silvas, pero síguese por estrada un anaco e enlázase co resto da ruta.

JOLIN
O Xoves 23/09 sairei as 09:30 horas (con 5 minutos de espera) dende debaixo da Ponte Pasaxe no principio do paseo do Burgo a dar unha rulada pola zona. Anímese aquel que poda.
JOLIN
Hoxe comencei a rota en soledade pero subindo o parque de Bens acoplouse Eduardo, un biker que está estudiando na Coruña e que lle da tamén tempo a dar pedais. Acompañoume hasta Elviña logo de pasar polo porto de Langosteira, Arteixo e remontar por Morás cara a Novo Mesoiro.
Unha agradable mañá e rota non excesivamente dura pero os quilómetros hai que facelos e son 55.


JOLIN
O Mércores 29/09 sairei as 09:30 horas (con marxen de 10 minutos de espera) dende debaixo da Ponte Pasaxe no principio do paseo do Burgo a dar unha rulada pola zona. Anímese aquel que poda que o mellor hasta volvemos mollados.
JOLIN
Hoxe puxen a bike a servicios mínimos, e coma mín moitos outros, xa que no monte había máis ambiente do que acostumbra entre semana.
Fixen a rota dos Mortos que trazara aproveitando varios tramos da Marcha de Arteixo pero feitos ó revés e queda unha boa rutiña.

Neste tempo co río moi baixo pásase moi ben polo túnel de debaixo da autopista aínda que indo un solo e sin luces non deixa de acoj...r un pouco:

E, tal e como esperaba, xa vín a choiva, aínda que miudiña, miudiña, foi de volta para a casa e permitiu hidratar un pouquiño a bici que estaba seca do verán.
A sorpresa foi que aínda se aproveita o corcho das sobreiras xa que na zona de Feáns habia unhas cantas espidas supoño que para tapar as esencias dalgún viño caseiro.

JOLIN
Mañá Venres 08/10 sairei as 09:30 horas (con 5 minutos de espera) dende debaixo da Ponte Pasaxe no principio do paseo do Burgo a dar unha rulada pola zona. Anímese aquel que poda.
JOLIN
Onte, tal e como prometian os homes do tempo, saín da casa de verán e cheguei de inverno, deste xeito calzeime as miñas lustrosas e de estrea botas de auga Shimano MW-80 para certificar si eran, como se decía, impermeables. A cousa comenzou ben: con solete, fotos a torre de hércules, as praias con xente paseando, pero unha vez en Bens xa vin que os de Carballo estaban mandando unhas nubes moi feas...
Así chegamos ó terreno onde as botas tiveron que coñecer o que lles agarda este ano: chacos, moitos charcos... bueno o resultado e que por abaixo non deixan pasar auga pero o chover por riba e pola caña e a perna algo entra polo que os calcetíns non viñan chorreando pero sí húmidos.
Haberá que seguilas poñendo a proba...