BREVET DE 200 KM
Ruta del Prestige. Pola Costa da Morte.
24 DE MARZO
BREVET DE 300 KM
Polas cabeceiras do Eume e Miño
21 DE ABRIL
ABONA TU CUOTA ANUAL
CÓMODAMENTE DESDE LA
PASARELA DE PAGO SIN
RECARGO ALGUNO
AQUÍ
HAZTE SOCIO DEL C.C.RIAZOR, ASEGURA TU PLAZA EN TODOS
SUS EVENTOS Y AHORRATE UNOS EURILLOS
PARA VER O CALENDARIO DE SAÍDAS ENTRE-SEMANA PICA EN "EL CLUB" SALIDAS BTT ENTRE-SEMANA
MIGUEL SEOANE

VCD
O vindeiro sábado 3 de xullo de 2010 celebrarase a XIII Edición da Marcha Cicloturista Vila de As Pontes de carretera, con saída ás 15:00 horas do pabellón municipal de As Pontes.
Esta edición da Marcha Vila de As Pontes celebrarase en memoria do noso querido amigo e compañeiro do CCVilalba-AsPontes Constantino Dopico "Tino", recentemente falecido; unha persoa excepcional en tódolos sentidos, que merece un recordo por parte de tod@s os aficionados ó ciclismo que o coñecimos. Por ese motivo, gustarianos que tod@s aqueles/as que o coñecestes e pedaleastes con él participásedes con nós neste sentido homenaxe, estades tod@s invitad@s a acompañarnos.
O percorrido para esta edición será similar ó do ano 2009, transitando polos concellos veciños de Somozas, Moeche, Cerdido e Ortigueira, tendo toda a ruta paisaxes moi interesantes tanto de costa como de montaña que de seguro non nos deixarán indiferentes. Ademais, para os que lles gusta a dureza, nesta edición o tramo libre (Ortigueira-Alto do Caxado), que cada un poderá facer ó paso que considere oportuno, terá 21 kms de percorrido e durante o mesmo ascenderase un desnivel acumulado de preto de 900 metros, unha das ascensións mais interesantes que podemos atopar na nosa provincia.
VCD
Contamos con vós!!
ROBERTO
Ó final só fumos Miguel máis eu pero regresamos cos petos cheos. Miguel chegou de terceiro á bola e fíxose cunha copa tamaño familiar. Pero o premio gordo leveino eu: unha caixa de manteigadas típicas das Pontes das que a estas horas só quedan as migallas.
Unha boa tarde de ciclismo entre amigos nun bonito recorrido para tódolos gustos.
Hai que estar atentos porque a edición do próximo ano vai dar un xiro de 360 graos-
MIGUEL SEOANE
Unha pena que non se animaran mais riazores, xa que a das Pontes e unha marcha moi recomendable. Eiqui vos deixo unhas fotos da XIII MARCHA CICLOTURISTA VILA DAS PONTES.
http://picasaweb.google.com/MISE73/XIIIMARCHACICLOTURISTAVILADASPONTES2010
miliblan
Pois Marcelino e eu tampouco viñemos de vacio de Verín. ¿Adivinades o que nos tocou no sorteo? Pois o que sempre lle toca ó Riazor nas marchas de Ourense. Outros anos foi en Valdeorras, éste en Verín.
ROBERTO
Así que ó final tamén foi Marce. Onte iamos comentando que che tocaba ir só, pero que como coleccionista recalcitrante non deixarias escapar esta primeira edición.
Supoño que un groliño dese elisir da terra veuvos ben para recompoñer o corpo¿non?
VCD
En nome de todos os compañeiros do Club Ciclista Vilalba-AsPontes agradecer ós dous asistentes do CCRiazor polo voso apoio nesta XIII edición da Marcha Vila de As Pontes. Felicitar a Miguel polo seu 3º posto no Alto do Caxado (como sempre deixando o pabellón do Riazor moi alto), e a Roberto pola sorte que tivo no sorteo de agasallos (que disfrutes esas mantecadas).
Sin duda, para nós foi unha xornada moi especial por canto supoñía un sentido homenaxe a o noso compañeiro e amigo Tino Dopico, falecido recentemente. Esperamos que pola vosa parte o pasarades ben e disfrutárades da ruta, da cena e do ambiente, e pedimos disculpas polos fallos ou errores que puidéramos ter cometido.
Deixo os enlaces coas fotos da xornada:
- Preparativos e saída --> http://picasaweb.google.es/vcd1978/MarchaAsPontes0...
- Tramo neutralizado --> http://picasaweb.google.es/vcd1978/MarchaAsPontes0...
- Avituallamento --> http://picasaweb.google.es/vcd1978/MarchaAsPontes0...
- Subida ó Caxado --> http://picasaweb.google.es/vcd1978/MarchaAsPontes0...
- Chegada ó alto do Caxado --> http://picasaweb.google.es/vcd1978/MarchaAsPontes0...
- Homenaxe a Tino Dopico e entrega de premios --> http://picasaweb.google.es/vcd1978/MarchaAsPontes0...
Por último, seguir pedindo o voso apoio á vindeira edición desta Marcha, a "XIV Clásica Vila de As Pontes - Desafío Fragas do Eume", prometemos paisaxes espectaculares, gran dureza, e moitas novedades que iremos facendo saber ......... contamos con vós.
Unha forte aperta a tod@s
Uploaded with ImageShack.us
MIGUEL SEOANE
Grazas polas fotos Vicente.