Contacta con nosotros
Usuario
Contraseña
 

Darme de alta como usuario

Enlace a youtube

Visiona todos nuestros vídeos en el 

CANAL RIAZOR

Enlace al facebook

Club Ciclista Riazor

Brevets organizadas por el riazor para el 2012

BREVET DE 200 KM

Ruta del Prestige. Pola Costa da Morte.

24 DE MARZO

 

BREVET DE 300 KM

Polas cabeceiras do Eume e Miño

21 DE ABRIL

Equipaciones

ABONA AQUI TU PEDIDO DE ROPA.

EQUIPACIONES

Licencias 2012

ABONA AQUÍ TU LICENCIA 2012

(normal o subvencionada)

LICENCIAS

Abona tu cuota

ABONA TU CUOTA ANUAL
CÓMODAMENTE DESDE LA
PASARELA DE PAGO SIN
RECARGO ALGUNO
AQUÍ

Formulario de inscricion como socio do club

HAZTE SOCIO DEL C.C.RIAZOR, ASEGURA TU PLAZA EN TODOS

SUS EVENTOS Y AHORRATE UNOS EURILLOS

QUIERO SER UN RIAZOR

Calendario 2011 - informaciÓn

PARA VER O CALENDARIO DE SAÍDAS ENTRE-SEMANA PICA EN "EL CLUB" SALIDAS BTT ENTRE-SEMANA

 

CALENDARIO 2011 DE ESTRADA

 

CALENDARIO 2011 DE BTT

 

Foro del Club Riazor: Salidas BTT, Marchas y Competiciones, Mercadillo, etc...

Foro do Clube :: 02. Saídas BTT :: ROTA/RETO Nº 5 Cee-Noia

JOLIN

10/06/2010, 22:44
Editado: 11/06/2010, 08:55

Rota/reto 5               CEE-NOIA e volta

 Coma continuación da miña particular peregrinaxe por toda a costa Atlántica da Coruña este verán toca a etapa CEE-NOIA.

Coa colaboración de Turo (aborixe da zona) diseñamos un track inédito para a BTT que, de levarse a cabo e que ninguén o dubide, vai quitarlle o mellor de si mismo os que osen retar o Olimpo Celta: "O monte Pindo".

A rota é das que quitan o hipo a calquera tanto polo percorrido como polas paisaxes que se divisarán. Agora solo fan falla voluntarios e poñerlle data...

Hora de saída da Coruña: 06:45 (viaxe 1,5 h.)

Hora de saída de Brens coas bicis: 08:30

Tempo en movemento da Rota: 8 horas (media 13 qm/h)

Tempo paradas: 1,5 horas

Hora de chegada en bici: 18:00

Hora de chegada a Coruña: 20:00

Para ampliar pinchar neste enlace:

 http://img816.imageshack.us/img816/2457/perfilsbrensasilvosa.jpg

 

 

Para ampliar pinchar neste enlace:

http://img710.imageshack.us/img710/9195/aerear.jpg

Turo

12/06/2010, 12:03
Editado: 12/06/2010, 12:14

Boas, sentíndoo moito teño que aclarar uns puntos das palabras de Linares.
Esta ruta chega ata Esteiro (Muros) non ata Noia. Cando se faga o seguinte reto e se pase por esta ilustre vila terán sentidos esas palabras do amigo Linares con respecto á miña procedencia.
Aínda que me sento fillo adoptivo das terras Carnotanas non podo renegar das miñas orixes.
"Xente de Noia tropa do carallo"

Aclarado este tema gustaríame animar aos beteteiros en activo a que acompañedes a Linares nesta aventura, sobre todo a aqueles que non acudistedes ás dúas saídas anteriores que o club realizou pola zona en 2007 e 2008, seguro que non vos arrepentiredes.

Para o que necesitedes, xa sabedes onde encontrarme.
Un saúdo

FSEOANEP

25/06/2010, 14:56

Jolin , ¿Cando tes pensado facer esto? eu para seman teño algún día libre .........
Ainda que parece braba , se imos en plan turista , me animo

JOLIN

25/06/2010, 23:21
Editado: 25/06/2010, 23:27

Hola, Fernando, pois esto aínda non ten data sinalada, pero aproveitando a túa dispoñibilidade é unha boa excusa para poñerlla.

Eu para a semana que ven teño libre o Mércores e coido que o colega que soe saír conmigo entre-semana tamén pois quedamos para ese día para dar unha rulada.

Si ti te animas xa somos un bo equipo e malo será que nos coman os lobos por esos montes (si viñera Arturo seguro que nos respetarían máis), asique confirma tí si podes, a rota levaranos todo o día e supón un pequeno madrugón para ter dia por diante. Xa dirás algo.

JOLIN

27/06/2010, 19:22
Editado: 27/06/2010, 19:46

CONVOCADOS PARA MÉRCORES 30/06/2010:

 Quedamos na Ponte do Pasaxe saíndo cara ó Burgo as 06:45 horas.

-TURISTA666

-FERNANDO (LEBOREIRA)

-JOLIN

 

Picar na imaxe para agrandar

 

 

 

JOLIN

27/06/2010, 23:57

Non se asustar, no terreno estes picos non pinchan...

Uploaded with ImageShack.us

FSEOANEP

28/06/2010, 14:04

Bueno , vai ser un reto para mín , xa que non teño costume de facer estas rutas tan longas , espero non defraudarvos .........
Co plano que me fixeches , xa teño claro o lugar de encontro , se non hai mala novidade ali estarei puntual
Gracias , vémonos o mércores

Pachi

29/06/2010, 00:13

Oido cocina.

Espero que hayan puesto las calles a esa hora.

JOLIN

01/07/2010, 17:40
Editado: 01/07/2010, 18:27

CRÓNICA DO RETO Brens-Esteiro

Moi cedo os tres valentes que decidimos retar ó Olimpo Celta: O Monte Pindo, démonos cita para dirixirnos con gañas hacia as terras de Cee de onde partiría a rota, máis en concreto o carón da factoría de Ferroatlántica en Brens.

Turista666 xa estivera analizando o track e xa nos puxo en antecedentes de que hoxe tocaría sufrir, non solo pola calor que se aveciñaba, senón pola rota que con tanto "cariño" nos trazou Turo, para empezar a dixerir o almorzo o que en Googlearth parecía un cortalumes, en realidade era unha subida por debaixo dunha liña de media tensión que xa nos fixo poñer pé a terra e sesión de sendeirismo. Logo cabalgar polo lombo das montañas onde o espectáculo das paisaxes se abriron paso facendo esquencer a subida.

O sobrepasar o parque eólico a segunda dificultade: NON HABÍA CAMIÑO, si nalgures estaba, fora devorado pola maleza así que por non dar a volta tocou abrirse paso entre toxos, silveiras e demais coas consabidas feridas da loita... por fin chegamos a unha zona de hortas onde unha señora pensou que estaba alucinando vendo saír entre a maleza a 3 extraterrestres, moi amable logo fixo de GPS orientándonos para alcanzar a presa do embalse do Ézaro (Sta. Uxía). A continuación transitar por pistas coas vistas do Pindo e logo da inmensa praia de Carnota, unha marabilla vista dende o monte.

Seguimos sen máis dificultades que as dúbidas normais dos cruces das pistas hasta chegar xa ó monte pedregoso da Silvosa, dende alí perdemos de novo o sendeiro xa que tamén fora tragado pola maleza así que tocou improvisar: e según a Ley de Murphy sempre que se improvisa resulta que se colle a peor opción posible: PATEO do duro para enlazar con novas pistas que finalmente nos levaron pola estrada por onde baixarán no final de Xullo as carrilanas de Esteiro a facer a comida nese punto.

Análises do que nos quedaba e xa houbo consenso en que a sesión de tarde íase ter que recortar xa que as forzas non estaban para tirar cohetes, así rodamos por estrada hasta pasar Abeleira e logo retornamos ó track previsto para ter as mellores vistas de Muros, alí foi onde Lorenzo nos pillou de pleno: unha subida a case 450 m con poucas sombras fixo que tivéramos que botar man de cantas fontes encontramos, barriñas, xeles, ánimos e demáis para coroar. Novo recorte ó track e tras cruzarnos cúnhos franceses que estaban a analizar os petroglifos da zoa, baixada a cañón cara a Carnota.

Visita ó hórreo, tránsito por onde puidemos rodar pola praia, e enlace xa directo por estrada para chegar ó coche, iso sí con respostaxes intermedios e unha reparación de pinchazo que se arrastraba dende ó paso polas silveiras da mañá por parte de Fernando.

Chegada ó coche satisfeitos pero feitos polvo: si é que somos masoquistas, non hai dúbida... O mellor a compañía de Turista666 e Fernando do Leboreira e as vistas cara a Fisterra, O monte Pindo, Carnota, Muros, e ó enfrente cara a Porto do Son, o peor o sufrimento... pero xa se sabe que "sarna con gusto..."

Total de 104 quilómetros en 11,5 horas e case 3000 m de altura acumulada

Saúdos.

FSEOANEP

01/07/2010, 18:35

Despois da paliza e case recuperado , queda a satisfación de ver as explendidas paisaxes nas que estivemos
A ruta xa comentou Jolin , eu só añadir que teño que entrenar para afrontar estos retos porque merecen a pena
Jolin , non te olvides de avisar para o seguinte .............

Fotos:
http://picasaweb.google.es/FSEOANEP/RutaCosteiraCe...

Pachi

01/07/2010, 22:52

Buena paliza nos dimos pero  mereció la pena por los paisajes y la compañía.

Espero que a la próxima nos acompañe el topógrafo que "perpetró" el track, que se va a divertir.

Por lo demás un dia estupendo. Lo que me fastidia es que viendo el track en google earth veo que junto a donde nos espinamos con tojos y demás se ve un camino, aparentemente reciente, que nos hubiera evitado sangre, sudor y hasta lágrimas.

En todo caso, me apunto a la próxima.

Un saludo.