BREVET DE 200 KM
Ruta del Prestige. Pola Costa da Morte.
24 DE MARZO
BREVET DE 300 KM
Polas cabeceiras do Eume e Miño
21 DE ABRIL
ABONA TU CUOTA ANUAL
CÓMODAMENTE DESDE LA
PASARELA DE PAGO SIN
RECARGO ALGUNO
AQUÍ
HAZTE SOCIO DEL C.C.RIAZOR, ASEGURA TU PLAZA EN TODOS
SUS EVENTOS Y AHORRATE UNOS EURILLOS
PARA VER O CALENDARIO DE SAÍDAS ENTRE-SEMANA PICA EN "EL CLUB" SALIDAS BTT ENTRE-SEMANA
JOLIN
Dado que xa mo preguntou máis de un noutros foros e, como non temos posto o calendario, ¡ese webmaster!!!! :-( pois fago recordatorio que:
As saídas oficiais dos Domingos son as 09:00 dende as marquesinas do bus de Acea de Ama para rotas tranquilas e ó ritmo do máis lento, por si alguén quere iniciarse con nos no mundo do BTT, será benvido e non fai falla pertener ó Club Ciclista Riazor para saír coa grupeta.
Verá que a cousa non é tan dificil... solo hai que saber montar en bici e ter gañas de pedalear.
Saúdos.
miliblan
O administrador, que non webmaster subirá o calendario á web cando llo manden ó seu correo. Probade.
JOLIN
Non te enfades ADMINISTRADOR, que o noso calendario facémolo sobre a marcha das marchas e do noso estado de marcha...
Refírome ós horarios oficiais de cada mes que estaría ben telos nalgún recuncho da páxina. Saúdos e xa sei que polo soldo de ADMINISTRADOR non se pode esperar moito traballo pola súa parte.
JOLIN
Hoxe saímos Germán, Arturo e eu e fixemos a rota dos Lisiados pero estando todos en plena forma, jejeje
Fotos:
miliblan
Falando en serio, se facedes un calendario eu o subo.
JOLIN
Hoxe día 13/06 tocou visita a Sta. Leocadia, na parada fixemos pleno os de montaña: 4 contra solo 2 de estrada o que supoñemos se sumaría Miguel xa que no lo cruzamos nos.
A rota cos camiños enlamados, como non podía ser doutro xeito, coa auga que levamos no mes, e a baixada de Sta. Leocadia húmida o que fixo moi divertido facer os trazados para domala, como se facía tarde (rota de 50 quilómetros) dende Boedo metimos a quinta velocidade e acelerador a fondo para voltar por estrada para estar as 13 h. para pasar revista.
Perfil con 50 qm, 4,5 horas e 1.330 m de desnivel acm.
http://img13.imageshack.us/i/perfilrr.jpg
Por detrás do novo polígono de Morás, choven pedroulos do ceo
http://img405.imageshack.us/img405/2752/p6130022.th.jpg
O que fai demostrar a pericia bicicleando
http://img52.imageshack.us/img52/3184/p6130023.th.jpg
http://img291.imageshack.us/img291/4794/p6130024.th.jpg
Coa chuvia destes días foi imposible non mollar os pés
http://img811.imageshack.us/img811/5639/p6130025.th.jpg
Ainda que Germán e Arturo o intentaran pateando
quintairos3
hola
eu intentarei unirme algun domingo, como xa lle dixen a Jolin, estou empezando no tema do MTB, estes dias fixen os meus primeiros kilometros, e iso do "ritmo lento" para os que se inician, a min venme perfecto, asiq espero nos vexamos pronto
JOLIN
Este Domingo 04/07/10 as 09:00 horas na parada... xa que non hai ninguha marcha tocará unha voltiña nos arredores ¿non si?????
JOLIN
Hoxe os incondicionais da montaña con algunha ausencia démonos cita na parada, uníunse a nos Ráfagas que estando pola Coruña quixo pasar a mañá rodando conosco. Na sección de estrada menos ambiente que de constumbre, supoño que tamén lles afecta ó tempo de vacacións, praias e barbacoas...
Fixemos unha rota algo esixente: a da Aguía pero modificando o remate para vir cara ó Mero por Tabeaio e polos camiños por onde sube a Marcha de Cambre, pero a favor ten que queda unha rota moi entretenida con sendeiros de todo tipo subidas e baixadas, saíron 50 qm e houbo que dar cera para estar de volta pasadas as 13 horas.
Este ritmo quizais fixo a Arturo desistir de rematala e puxo a proa en dirección contraria ó Xalo case sin que nos déramos conta. Os demáis terminamos aínda que con bastante esforzo. Agradecerlle a Ráfagas que nos acompañara e que baixase o seu ritmo para que lle déramos seguido a roda, jejeje.
FOTOS E DATOS:
http://picasaweb.google.es/ccriazor2009/RotaDaAGUIA#
Saúdos.