BREVET DE 200 KM
Ruta del Prestige. Pola Costa da Morte.
24 DE MARZO
BREVET DE 300 KM
Polas cabeceiras do Eume e Miño
21 DE ABRIL
ABONA TU CUOTA ANUAL
CÓMODAMENTE DESDE LA
PASARELA DE PAGO SIN
RECARGO ALGUNO
AQUÍ
HAZTE SOCIO DEL C.C.RIAZOR, ASEGURA TU PLAZA EN TODOS
SUS EVENTOS Y AHORRATE UNOS EURILLOS
PARA VER O CALENDARIO DE SAÍDAS ENTRE-SEMANA PICA EN "EL CLUB" SALIDAS BTT ENTRE-SEMANA
JOLIN
Menudos webs que lle botades, solo de pensar en 24 horas pedaleando xa me doi o pandeiro... ¿como será eso de 1000 qm???? está claro que tedes máis moral que o Alcoiano. Enhoraboa e a recuperar con moderación para a próxima cita.
PedroAlves
Hola,
Peço desculpa mas o meu galego é muito mau... vou escrever em Portugues.
Gostavamos de agradecer aos companheiros do CC Rizor no brevet 400 kms pela simpatia e ajuda que nos deram ao longo do percurso. Arturo, Ferreiro, Marcelino e Emilio e Manuel. Sem eles não tinhamos chegado ao fim.
O nosso especial agradecimento ao Emiliio que nos tem dado informações preciosas para conseguirmos ir de Lisboa à Corunha fazer os Brevets.
Gracias,
Pedro e Albano
mcambeiro
Igualmente, foi un pracer compartir quilómetros cos compañeiros portugueses!
Curiosa foi sobre todo, o percance coas gafas que tiveron, que puido ser peor e motivo para non rematalo brevet, e que finalmente só foi una anécdota curiosa, e que fai pensar en que, a pesares de ir preparados para calquera continxencia que poida pasar nunha bicicleta, pode ocorrer o máis absurdo e menos probable das averías, e por fin as aspiracións de facer un brevet. Curioso canto menos.
Sobre as sensacións do brevet, o máis destacable a parte do camiño en sí, e a compaña, de 10 en todo momento, con moita moral e bo “rollo”, é a incrible paisaxe que desfrutamos durante toda a xornada, sobre todo nos 300 primeiros quilómetros, e que logo de rodar toda a noite, e vendo amencer indo cara o Cebreiro, acabamos de subir logo de almorzar para desfrutar unha zona preciosa, de subidas e baixadas e grandes achádegos para mín que non coñecía o lugar. A baixada a Portomarín encantoume, rapidísima, segura e cunha paisaxe inigualable! Cheo de verde e auga, rebosante de vida, que nos facía ter a todos unha sorisa mentres nos queixábamos as veces dos continuos repeitos, moitas veces de máis do 10%, e que tiñamos que tomar con prudencia pensando no resto do día.
Despois de Santiago, e tras o curioso reencontro con Arturo, e chegada a noite, penso que se nos fixo un pouco longo este último tramo ata a Silva e Cerceda polo monótono do camiño, a chuvia que caía e os repeitos que nos facían ter ganas xa de chegar a casa, e así foi, e todos con moita forza nas pernas aínda, que penso auguran unha boa preparación para a vindeira brevet de 600.
Gracias a todos de novo!
Foi unha xornada para recordar, e… repetir? quedaron ganas para o ano? farase de novo?