BREVET DE 200 KM
Ruta del Prestige. Pola Costa da Morte.
24 DE MARZO
BREVET DE 300 KM
Polas cabeceiras do Eume e Miño
21 DE ABRIL
ABONA TU CUOTA ANUAL
CÓMODAMENTE DESDE LA
PASARELA DE PAGO SIN
RECARGO ALGUNO
AQUÍ
HAZTE SOCIO DEL C.C.RIAZOR, ASEGURA TU PLAZA EN TODOS
SUS EVENTOS Y AHORRATE UNOS EURILLOS
PARA VER O CALENDARIO DE SAÍDAS ENTRE-SEMANA PICA EN "EL CLUB" SALIDAS BTT ENTRE-SEMANA
kiluea
EDR 2010
Os Concellos de Ares e Mugardos (A Coruña) xunto coa Asociación Bimares e o Club Ciclista Ferrol querémoste convidar a participar na nova edición do EDR 2010 (Entre dúas Rías).
Este ano o noso obxetivo é poder ofrecer 3 actividades diferentes relacionadas co mundo do BTT que terán lugar durante os vindeiros 12 e 13 de Xuño.
O sábado 12, a partir das 09'00 e tendo como punto de encontro o histórico Mosteiro de Santa Catalina- Montefaro en Ares poderás participar no que decidimos chamar "Baixamos Montefaro". Unha proba que, sen lugar a dúbidas, sorprenderá os amantes das baixadas rápidas.Contaremos cun vehículo para os remontes.O uso de casco integral é obrigatorio. O noso obxetivo é claro: poñer a dispor dos mais atrevidos unha rota que será moi divertida nun enclave tan extraordinario como é Montefaro.
Os acompañantes, que o desexen, poderán disfrutar dunha rota sendeirista guiada.
O mesmo día, a partir das 16'00 dende o Pavillon Polideportivo de Mugardos emprenderemos a "I EDR Feminina", unha magnífica rota de btt pensada para todas aquelas rapazas e mulleres iniciadas neste deporte. A rota percorrerá os concellos de Ares e Mugardos, sumando un total de 30 qms. de dificultade moderada. Teremos a oportunidade de rodar por pistas con impresionantes vistas, sendeiros rodeados de natureza e cruzaremos aldeas e pobos con gran encanto. Esta é a primeira rota feminina federada que se celebrará nestes lares e é a nosa ilusión que sexa a primeira de moitas edicións mais. Aínda que o seu trazado está pensado para o cicloturismo feminino, por suposto que está aberta a participación masculina.
O domingo 13, as 09'00 e dende o Pavillón Polideportivo de Ares, daremos pistoletazo de saída a unha nova edición da xa consolidada "EDR". A rota de dificultade medio-alta non defraudará a ninguén: 51 quilómetros de puro btt (camiños, sendas, pistas, trialeiras, repeitos, tramo libre,etc). O mais característico do btt concentrado nunha marcha e disfrutando de extraordinarios paraxes e a mellor compañía!.
Para calquera das probas, non hai límite de prazas. Todas contarán con avituallamento sólido e líquido, coche escoba, mecánico, asistencia médica, seguridade en rota, lavado de bicis e pinchada final. Do mesmo xeito, haberá agasallos, sorteos e trofeos varios.
Estas actividades figuran no calendario anual de rotas da Federación Galega de Ciclismo.
A idade mínima de participación son 15 anos cumpridos no ano en curso.
A inscrición pódese realizar nas webs:
http://www.bimares.net
http://www.clubciclistaferrol.es
Tamén é posible inscribirse enviando un correo electrónico a:
correo@bimares.net
bimares@bimares.net
Dispoñemos dun teléfono para calquera dúbida e/ou aclaración 646413548
As cotas de inscrición son:
- Baixamos Montefaro, 10€
- I EDR Feminina, 10€
- EDR 2010, 12€
Non federados 8€ a maiores para o seguro
Federados presentarán licenza federativa en vigor
Os acompañantes que desexen participar da pinchada terán de aboar 8€ para a pinchada de Baixamos Montefaro ou da I EDR Feminina e 10€ para a da EDR 2010.
Ingresos en Caixa Galicia 2091-0211-27-3000065434
Lembrade estar no punto de saída con media hora de antelación.
Sabemos que este ano o noso obxetivo de poderche ofrecer 3 actividades en 2 días é un novo e importante reto. A ilusión e dedicación do noso equipo de traballo ten un único fin: QUE TI QUERAS VOLTAR!
Esperamos verte e compartir con todos e todas a nosa ilusión!

JOLIN
Bufff, ¡canta actividade, non parades!!!!!
Veremos como nos coincide para daquela. Saúdos e gracias polo aviso.
FSEOANEP
Para os que non poideron facela ese día ..........
O xoves 24 de xuño repetimola dende Pontedeume , kedamos as 16:30 no aparcamento da Rontonda da Ponte , Paseo Marítimo
JOLIN
Este ano vou a contrapé, o xoves tiña libre pola mañá pero pola tarde toca labores domésticas... unha mágoa.