BREVET DE 200 KM
Ruta del Prestige. Pola Costa da Morte.
24 DE MARZO
BREVET DE 300 KM
Polas cabeceiras do Eume e Miño
21 DE ABRIL
ABONA TU CUOTA ANUAL
CÓMODAMENTE DESDE LA
PASARELA DE PAGO SIN
RECARGO ALGUNO
AQUÍ
HAZTE SOCIO DEL C.C.RIAZOR, ASEGURA TU PLAZA EN TODOS
SUS EVENTOS Y AHORRATE UNOS EURILLOS
PARA VER O CALENDARIO DE SAÍDAS ENTRE-SEMANA PICA EN "EL CLUB" SALIDAS BTT ENTRE-SEMANA
JOLIN
Neste post imos planificar outro dos retos deste ano: O CAMIÑO DE SANTIAGO
Trátase de facer o camiño pero como plan de entrenamento cara ó Soplao, deste xeito no imos vir de pachanga nin de cháchara cos peregrinos, trátase de rodar e rodar dende Ponferrada a Santiago polo Camiño Francés e logo de Santiago a Coruña polo Camiño Inglés en sentido inverso.
En función dos que sexamos ou da dispoñibilidade de furgona con conductor chegariamos a Ponferrada ese mesmo Sábado ou si hai que ir en bus o Venres 23 montar alí nas bicis e tirar millas cara á casa. Na furgona poderemos ir 5 coas bikes e no autobús poden ir tamén 5 bikes como máximo (hai 2 buses que saen de Coruña as 16:00 e 17:00 horas, cun custe de 25 e 34 € respectivamente), neste caso habería que buscar hotel para a noite do 23 ó 24. No caso de arreglarnos coa furgona saldríamos de Coruña as 06:00 do mesmo sábado 24.
O plan da bike é saír o sábado de Ponferrada as 08:00 horas para chegar a Palas de Rei sobre as 19:00 horas onde teríamos reservado aloxamento con cea e almorzo do domingo nun hotel do camiño. O domingo saliríamos tamén as 08:00 para chegar a Santiago a hora da comida e logo tirar polo Camiño Inglés a inversa hasta A Coruña, chegando sobre as 19:00 horas o destino.
As etapas quedan da seguinte maneira:
| ETAPA: |
HORA SAÍDA |
Qm |
Altura min. |
Altura máx. |
Desnivel acm. |
IBP |
HORA CHEGADA |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Ponferrada-Palas de Rei | 08:00 | 138 | 340 | 1336 | 2963 | 217 | 19:00 |
| Palas de Rei-A Coruña | 08:00 | 132 | 0 | 572 | 2527 | 183 | 19:00 |
Máis adiante colgarei os perfiles, e tempos de paso das distintas etapas do camiño. Tamén haberá que facer unha lista de material mínimo a cargar con él pois seremos en todo momento autónomos(repostos, ferramentas, comida e roupa).
Que ninguén se arrugue pois é un reto totalmente factible e sinón levaremos unha pistola por si hay que rematar a algún na cuneta...
JOLIN
LISTA DE CONVOCADOS:
-Alberto
-Jolin
-
JOLIN
LISTA DE CONVOCADOS:
-Alberto
-Jolin
-Turista666
E ollo que o día Venres 23 é festivo en Castela-León polo que haberá moita xente no Camiño, así que darvos presa en anotarse para reservar praza no hotel en Palas de Rei.
german
LISTA DE CONVOCADOS:
-Alberto
-Jolin
-Turista666
-Germán
Es todo llano ¿no?
JOLIN
Germán: é todo chan picando para abaixo, que temos que chegar ó nivel do mar na Coruña, jajajaja
Están xa reservadas 2 habitacións con 4 camas no hotel "La Cabaña" de Palas de Rei con un custe total con almorzo de 102 €.
JOLIN
Temos confirmado o transporte en fregoneta das bicis e máis nos con chofer para traela de volta baleira. Desta maneira teremos que madrugar o Sábado para saír ben cedo.
Para ir pechando cousas pendentes ide botando un ollo a lista do material que vos mandara e remitídemo co que leva cada un (escoller material bo).
Pachi
Bueno, yo llevaré lo que llevo habitualmente en la mochila:
-bomba
-navaja que incluye troncha, destornillador normal, de estrella y allen del 5, y alguna función más.
-dos cámaras
-cajita parches
-botecito aceite, es uno de colirio lleno de forma casera por lo que da para poco. El que uso "de taller" es demasiado grande incluso para 4. A lo mejor podemos comprar uno pequeño para todos.
-bridas
-un eslabón rápido. Tengo otro por si alguno lo quereís.
-tiritas para todos.
-soldadora de aluminio con botella de argón, por si se da alguna rotura de cuadro.
-radial y pintura de colores variados para dejar bonita la reparación.
Bueno, esto último a lo mejor no lo llevo porque me consta que Jolin lo tiene incorporado como equipo básico en sus salidas.
Si se me ocurre algo más lo pondré luego.
JOLIN
Comenza a conta atrás...
Vista de paxaro da rota:
Perfil do primeiro día:
Perfil do segundo día:
Saída da furgona da parada do bus en Acea de Ama as 06:00 horas do Sábado 24/04, Alberto é Turista666 estade 10 minutos antes para arranxar as bicis, eu recollo a Germán na Corveira.
PLAN DE VO:
Chegada prevista a Ponferrada para as 08:00
Xantar en Sarria
Chegada a Palas 18:00-19:00 horas (recuperación de líquidos perdidos, cena, relax e ó sobre)
Domingo 25/04:
Saída de Palas as 08:00
Xantar en Santiago
Chegada a Coruña 18:00-19:00 horas (cada mochuelo ó seu olivo)
JOLIN
ASIGNACIÓN DE MATERIAL:
A maiores recoméndase 2 mudas de roupa ciclista (manga curta ou larga en función da climatoloxía), roupa interior, pantalón e camiseta para relax, chanclas ou sandalias, bocina ou silbato, kit de aseo, barritas/xeles bebida isotónica en pastillas ou sobres,dni, carnet federación, tarxeta sanitaria e de crédito, mobil, cartos en efectivo, bolsas para roupa sucia, pastillas freo de reposto.
JOLIN
Os do tempo dinnos que o ceo maiormente cuberto sen choiva e con boa temperatura (esto xa estaba garantido vendo os perfiles que nos agardan..)


José Manuel KRD
Sólo quiero desearos que disfruteis de la ruta, la preparación ya ha sido buena y sólo falta que el tiempo y los fallos mecánicos no os la endurezcan mas.
Tengo mucha envidia sana que motiva y sólo espero que el próximo año esté mas preparado y os pueda acompañar en rutas de estas características.
Saludos y buena RUTA
Turo
Pasadeo ben, campións. Acordádevos moito de min subindo A Faba.
Que envidia me dades.
JOLIN
Grazas a vos polos ánimos, faranos falla eso e algún empurrón subindo o desnivel para entrar en Galicia que seica é moi costo, pero bueno senón enganchamoslle unha corda a Alberto que anda sobrao... e que tire...
JOLIN
Furgona no garaxe esperando a poñerse en marcha... mañá vai ser un día longo... moi longo...

JOLIN
¡ RETO CUMPRIDO !
Completámolo percorrido con moita ilusión e moita dor no traseiro, penso que non imos sentar nunhos días.
Todo según o plan excepto as sobremesas, que se prolongaron en exceso. Os compañeiros de aventura, os camiños, a xente que encontramos: todos fenomenal. Incluso mención a Arturo Raña que nos veu esperar a medio camiño entre Ordes e Mesón do Vento e nos fixo máis levadeiro o tramo final.
Agora queda ordenar as lembranzas e quedarse co mellor... que foi casi todo.
JOLIN
JOLIN
CRÓNICA CAMIÑOS FRANCES/INGLES (Ponferrada-Santiago-A Coruña) 24-25/ABRIL/2010
(c) jolin
A idea naceu seguindo a tradición dos anos anteriores: preparar os “10.000 do Soplao” facendo algún dos tramos dos Camiños de Santiago. No ano 2009 fora ir dende Santiago a Fisterra e volta no día (saíran 180 qm), no 2008 ir dende A Coruña a Santiago polo Camiño Inglés e volta para a nosa cidade (140 qm) e, este 2010, o reto era ir un pouco máis aló dado que é Ano Santo e, cando volva a coincidir outro no calendario, pode que nós xa non téñamos os folgos de agora.
Así que a toleada estábase cocendo: ir dende Ponferrada (tamén baralláramos dende Astorga e, a Deus grazas, fomos conservadores) hasta A Coruña nun fin de semana de BTT a tope.
Na aventura embarcáronse Alberto, Germán, Turista666 e Jolín que, o Sábado 24/04/2010 partiron ben cedo cara a Ponferrada, contando con unha furgoneta para facer o traslado ó punto de inicio. Saímos xa con algo de retraso de Acea de Ama, parada en Lugo para recoller ó chofer para traer ó vehículo de volta, o que lle agradecemos a súa colaboración desinteresada (con madrugón incluído). Tiramos millas parando no Valcarcel para o almorzo (para algún xa o segundo pois non perdoara o da casa) e chegada a Ponferrada onde xa acumuláramos 45 minutos de retraso sobre o horario previsto. Mañá algo fresca pero con Lorenzo xa caldeando, foto diante do castelo e saída.
O terreo totalmente chan por Cacabelos, veunos ben para ir colléndolle as medidas os sillines e poñendo a punto, con dúas paradas, os niveis de líquidos do corpo (baleirando e logo enchendo). Pasado Villafranca xa topamos coa fronteira natural de Galicia pero, como xa íamos moi mentalizados, esas primeiras rampas non causaron maior impresión, máis adiante deixamos a estrada para iniciar a subida o Cebreiro pola Faba, alí lembramos a Arturo (cacho cabr**). Aquí si que xa non houbo misericordia: as rampas fixéronse paredes e o noso corazón empezou a cabalgar como querendo saír do peito, o que máis, o que menos, foi facendo o que puido: Turista666 tomou vantaxe, logo de cruzarnos cunhas vacas, e ter que poñer o pé a terra. As peregrinas que me seguían (sudamericanas polo acento) non debían ter visto un animal desa envergadura, pois non facían máis que berrarlle o dono que apartara ós bichos, que as podían comer, xa eu as advertira que eran animais vexetarianos non carnívoros…
Continuamos o ascenso xa co pelotón totalmente ciscado, moito peregrino andando e dándonos ánimos impresionados por vernos ser capaces de subir por aqueles riscos sobre dúas rodas cando a eles lles custaba subir sobre dúas pernas e apoiados en dous bastóns. En algunha recta conseguía ver a Turista666 no horizonte pero inalcanzable mentres el non parase, por atrás non tiña contacto visual co resto do grupo.
As derradeiras rampas fixéronse eternas, pero finalmente logramos coroar e ó cabo dun pouco xa apareceron Germán e Alberto xuntos. Parada para comentar, recuperar e admirar a fermosa paisaxe dende o alto.
Pensamos que o peor xa o tiñamos superado, craso erro, pois as rampas que apareceron antes da baixada a Triacastela fixeron de nos o que non fixo a subida ó Cebreiro: case que botámolo fígado fora por non ter contado con elas e collernos coa garda baixada.
O carón da estrada vimos 3 autocares da Coruña e logo vimos no camiño unha marea de rapaces e os seus pais que baixaran deles e estaban a facer ese tramo a pé, nos tirámonos á estrada para poderlles pasar o cal non nos fixeron perder tempo. Mentres buscábamos a baixada a Triacastela (que non daba chegado) unha paisana ofreceunos unhas poucas filloas pero coa dúbida de si había que meter moeda no seu bolsillo ou non, e coa desculpa da presa, optamos por continuar a pesares de que a fame , a esa altura, tamén estaba a altura.
Por fin comezamos a baixar e, case que na primeira terraza de entrada ó pobo xa paramos a reavituallarnos pois as tripas ruxían máis que os freos da bici de Germán ou que o RIK-RIK do basculante da miña.
Saímos co estómago farto e repostos os líquidos con suministro portugués para encarar a sesión vespertina e alcanzar Sarria directos por camiño, xa que dicían que era moito máis vistoso que a estrada que conduce a Samos.
Pasamos a vila logo de atravesar un paraxe moi fermoso e, rumbo a Portomarín, por aquí xa empezaban a protestar as pernas e, como dicía Turista666, o cable dentro do cerebro empezaba a dar chispazos contra as paredes… o grupo estírase e alcanzamos a beira do Miño para reagruparnos, o tempo botábasenos enriba polo que a parada foi breve e sen subir o pobo.
Rumbo a Palas de Rei, onde nos esperaba unha duchiña quente e un prato de cea como Deus manda, regado con abundante líquido repoñedor, pero vaia que si esperaba, e tanto que esperaba… que desesperamos
Rodar e rodar e parecía que Palas estaba cada vez máis lonxe, o grupo volveuse estirar e, nun cruce quedaron descolgados Germán e Alberto que comunicaron vía móbil que andaban perdidos (NO CAMIÑO SINALIZADO E CO TRACK DO GPS DIANTE!!!!!, INCRIBLE) total que lles demos as indicacións para voltar ó punto onde se equivocaran e nos continuamos xuntos, xa nos estrañaba a súa tardanza pois estivéramos agardando por eles sen éxito.
Seguimos rodando e rodando e entre raioliñas de sol empezou a caer unha doce auguilla que non fixo máis que acariciarnos e indicarnos que as penurias podían ir a máis, total que máis ferro para adiante pero Palas seguía sen aparecer na pantalla do GPS.
Por fin e xa entre lusco e fusco, empezamos unha baixada que levaba ó pobo ansiado pero eu tiña idea que o hotel de madeira onde tíñamos a reserva estaba ben visible na entrada do pobo, pois outro erro (aquí o cable xa estaba chisporreteando de seguido, máis ben xa era un curtocircuíto total) chegamos ó centro de Palas e nese punto, sen topar co hotel , decidimos usar o móbil para que nos confirmaran que nos pasáramos “tres pobos”, resultado: volta atrás e subida do baixado, acordándonos duns cantos santos, non da nosa devoción. Segunda consecuencia: estábamos a entrar no hotel cando chegou o resto da expedición: estábamos 1 a 1 en canto a pérdidas.
Acostado das bikes (non fixo falla cantarlles nanas), ducha quente para os xinetes, e susto morrocotudo cando a camareira nos di que o comedor xa pechara as 22:00 cando xa pasaban 10 minutos desa hora, finalmente e, o vernos as caras de súplica, apiadouse de nos e permitiunos pasar e repoñernos do consumo de enerxía que tivéramos, posta ó día do resultado dos partidos da liga e ó sobre sen máis pausas.
Cando sonou o espertador parecía que solo había 5 minutos que nos acostáramos pero o deber chamaba polo que ninguén se demorou e, as 07:30 estábamos para o almorzo, saída con néboa que pronto disipou e rumbo a Melide.
Camiños fermosos e o ser Domingo xa percibimos que o meu MOC-MOC, que se fixera moi útil o día anterior, hoxe ia ser imprescindible, aínda que tamén axudaba o RIK-RIK do basculante da miña bike para poñer en aviso de que íbamos… algunha alusión se oíu a que o pito non daba o tamaño adecuado, pero dou por suposto que a señora non se fixou ben seguramente pola velocidade que levábamos.
Moito cachondeo con eso pero, para equilibrar a balanza, outros recibiron piropos dende o alto dos balcóns en Sarria ou estiveron a punto de ocasionar unha masacre o quedar prendado das partes voluptuosas dunha peregrina que se puxo de lado contendo o aire (mágoa da cámara nese intre).
Pasada por Melide en feira, e rumbo a Arzúa onde Alberto cheirou que tiña que haber unha pastelería xa que levaba baixo o nivel de azucres, resultado: parada diante dunha onde nos puxemos as botas (con calas e todo)… estaban para chuparse os dedos.
Outra vez rodando cara a Santiago, hoxe si, sobre o horario previsto, pasada xunto a Labacolla onde adiantamos a outros ciclistas, subida ó Monte do Gozo que tamén tiña romería, e entrada en Santiago xunto a unha parella de ciclistas que tras adiantarnos 3 veces por pérdidas deles, recoñeceron que lles fora mellor seguirnos pois nos coñecíamos os camiños (que equivocados estaban…).
Foto no obradoiro logo de ver a alta curia nos aledaños da catedral e búsqueda de restaurante nas aforas: recomendación da GuíaRepsol, ousexa preguntando nunha gasolineira sinaláronnos un mesón ó carón. Comida completa coas bikes a vista e de postre, tartas de Santiago pero que non eran de Santiago e tralo café e o licor-café: carretera, mellor dito: Camiño Inglés.
O saír Alberto pedía máis estrada para facela dixestión, pero conseguín reconducilo polo bo camiño e enlazamos de novo evitando o asfalto. Os poucos quilómetros veume o chispazo do día e, tras botarlle aceite en canta articulación tiña a bike (estaba rebozada en aceite do día anterior) din co orixe do RIK-RIK, "máis vale tarde que nunca", pensei, e xa sin música acompañante continuamola marcha. Logo dunha breve parada veu a caída tonta de toda rota ciclista, aínda que algún outro xa conseguira botarme ó chan no Cebreiro...eso sí, avisou que caía con tempo.
Viñemos agrupados e tras pasar Sigüeiro, recibimos a chamada de Arturo Raña que xa estaba agardándonos no bar de tradición Porto preto de Mesón do Vento e tras cansarse de esperar decidiu saír ó noso encontro, isto animounos algo o tramo final pois desfogamos con el as novedades.
Parada no bar para un último refrixerio, e baixada de Mesón onde lle perdémolo rastro a Turista666 que con impulso xa chegou o Burgo, nos viñemos un pouco máis a modo así que deixamos a Arturo en Sigrás e decidimos non facer a subida a Alvedro e tirar polo paseo do Mero que bastante mérito xa tíñamos, chegada sen novidade pero con 280 quilómetros sobre as pernas en case que 20 horas de pedaleo. Os parabens a todos os que fixeron posible a viaxe e grazas pola compaña, do mellor!!!
¿TOLOS?: NON , SO DISFRUTAMOS CO QUE FACEMOS…
(ainda que algún chispazo si hai)

"Nechas dumont"
Noraboa polo reto acadado, envexa me dades, sodes uns campións, estades sobrados para o Soplao, Espero poder estar con vos nalgunha ocasión este ano. Sorte.
Pachi
Estupendo reportaje fotográfico y estupenda crónica, como siempre.
Hay que ver que habilidad tiene Jolin para hacer fotos sobre la marcha y acordarse luego de todo.
Ha sido un fin de semana estupendo; ha merecido la pena de sobra. A pesar del cansancio y los dolores (de culo principalmente) lo pasamos estupendo.
Además hemos tenido la suerte de no tener averías ni lesiones; el único incidente, del que salimos ilesos, fue el que llamamos el "episodio de los cántaros", muy comentado durante el camino pero que Jolin, discretamente, ha omitido por que este es un foro público y puede haber "ropa tendida".
Bromas aparte, recomiendo a todo el que haya leído la estupenda narración de Jose y se haya quedado con ganas que se apunte a la próxima que haya y no saldrá defraudado.
Saludos.
alberto
http://picasaweb.google.es/abtt72/PonferradaSantiagoACoruna280km#
Buenas,pongo las fotos que hizo el menda,por lo demás creo que esta todo dicho con la buena
crónica que hizo Jolín,solo dar las gracias a los tres compañeros de ruta por lo bien que lo pase
a pesar del sufrimiento de tantos km que nos marcamos pero que mereció la pena el reto que nos propusimos y también al chófer que trajo el coche de vuelta (no me acuerdo de su nombre, lo siento) y gracias al señor Raña por acompañarnos en los últimos km. Hasta el próximo reto que
cual sera...... el tiempo lo dira.