BREVET DE 200 KM
Ruta del Prestige. Pola Costa da Morte.
24 DE MARZO
BREVET DE 300 KM
Polas cabeceiras do Eume e Miño
21 DE ABRIL
ABONA TU CUOTA ANUAL
CÓMODAMENTE DESDE LA
PASARELA DE PAGO SIN
RECARGO ALGUNO
AQUÍ
HAZTE SOCIO DEL C.C.RIAZOR, ASEGURA TU PLAZA EN TODOS
SUS EVENTOS Y AHORRATE UNOS EURILLOS
PARA VER O CALENDARIO DE SAÍDAS ENTRE-SEMANA PICA EN "EL CLUB" SALIDAS BTT ENTRE-SEMANA
JOLIN
Xa está aberta a incripción do Soplao 2010 a celebrar o Sábado 22 de Maio e parece que vai a bo ritmo.
Este ano parece que haberá que elixir entre ir os lagos de Covadonga ou chegar a Cabezón de la Sal, agardemos que haxa beteteiros para as duas citas. De momento eu estouno a meditar coa almofada...
![]()

JOLIN
¡¡¡¡¡ QUE PASADA !!!!!!
Xa van 1.500 inscritos, e eu ainda pensandoo.
Haber si alguén máis está decidido que esto en uns días pechase.... tamén habería que mirar o aloxamento que deben estar petados para eses días.
alberto
Inscripcion:
Alberto dorsal - 2005
JOLIN
A data 28-01-2009 van 2.400 inscritos.... un bo lote.
| NOME | DORSAL | ALOXAMENTO |
|---|---|---|
| Alberto | 2005 | -Bugalow Camping El Helguero - Ruiloba |
| Jolin | 1992 | idem |
| Luís Lugo | 1993 | idem |
| Germán | 20¿? | idem |
| Turista666 | 2202 | idem |

JOLIN
Para os que están aínda pensando de ir ou non ir, se ven estes vídeos de Tonicam ,que levaba a cámara no casco mirando para atrás, saldrán de dúbidas, están xeniais e neles dase un repaso o que é o Soplao: sacrificio e gañas de completalo.
Soplao 2009 1ª parte:
Soplao 2009 2ª parte:
JOLIN
Os Soplaos do CCRiazor, ide valorando que o fin de semana do 8 e 9 de Maio celebran en Ponferrada os 101 km do Camiño Invernal a Santiago... sería un bo test...¿ou non?????
http://www.foromtb.com/showthread.php/562929-101-km-en-24-horas-por-el-camino-de-santiago
JOLIN
-SOPLAO -> 165 qm - 12.5 horas -IBP= 291
Outra idea que me ronda a cabeza é que, hasta agora, sempre preparamos o Soplao cos camiños de Santiago:
-Camiño Inglés dende Coruña ida e volta -> 140 qm - 9 horas - IBP= 235
-Camiño de Santiago-Fisterra ida e volta -> 182 qm - 12 horas - IBP= 263
Pois outra proposta sería seguir exprimindo este recurso dado que é Ano Santo. Habería que ir en autobus coas burras na maleta hasta Astorga e, en dous días, plantarnos na Coruña vía Santiago, sempre polos camiños nada de estrada.
Faríamos noite en Portomarín e así saen duas etapas de 160 km sendo autónomos e disfrutando en Abril de que aínda haberá pouca xente no Camiño.
Bueno haberá que madurar un pouco a idea pero xa sabedes que a min gustame maduralas sobre as duas rodas...
Turo
Aquí tendes outra moi boa proposta http://www.101peregrinos.com/.
É a primeira edicción e ó Riazor é experto nos bautizos. Que co_o esperades para apuntarvos.
¡QUE VOS VEXO MOI APATICOS!
JOLIN
Jejejeje ese enlace era o que habia posto eu anteriormente pero ir e voltar polo mesmo camiño non é moi atractivo.
JOLIN
Comenza a contra final do SOPLAO 2010: e con boas previsións meteorolóxicas... por certo imos ser máis de 3.100 tolos na saída... na chegada, XA VEREMOS pois adiantan o peche da derradeira subida ó Moral (avituallamento de Juzmeana) dende as 22:00 h. dos demáis anos as 21:00 horas polo que haberá que dar CAÑA, CAÑA para pasalo corte...

JOLIN
Taboa cos tempos de paso en cada avituallamento incluidos os descansos, as horas do perfil ciclista "MEDIO" dan para chegar moi xustos o corte así que haberá que aproximarse os tempos "PROS", si os camiños están ben, nos imos ter problema e podemos alargar os descansos que aquí son os mínimos (5 min en cada avituallamento):
JOLIN
E eiquí un perfil meu do 2008 onde metín as horas de paso "PROS e MEDIOS" anteriores así como os puntos de paso coas porcentaxes de subida quilómetros e metros de subida dos portos.
Para vela en grande picar nesta:
JOLIN
PLAN DA VIAXE:
Venres 21:
16:00 h. Saída no coche de Alberto da parada do Burgo, estar un pouquiño antes (si algún non pode que o diga e retrasámola ó necesrio)
17:00 h. Parada en Rábade, alí incorporase Luis1906 e subimos os 5 a súa furgoneta.
20:30 h. Cea no camiño.
22:30 h. Chegada o bungalow e ó sobre (a ver quen durme): http://www.campingelhelguero.com/
Sábado 22:
05:30 h. Diana e alboradas
06:00 h. Saída para Cabezón
06:30 h. Chegada e aparcar, recollida do chip e dorsais
07:00 h. Almorzo en toda regla
07:30 h. Buscar un oco entre 3.100 tolos sobre dúas rodas.
08:00 h. Que Deus nos pille confesados...
23:30 h. Entrada do último... ducha, lavado de btt, cea, comentarios da rota, camping e descanso.
Domingo 23:
xx:xx h. Cando démos señales de vida, almorzo, arrancar de volta, xantar polo camiño, chegada sobre as 18:00 horas
NOTAS:
Recollida de chip: V: 16-23 h. S: 06-07:30 h.
Levar: DNI, Licenza, Luces, Chaleco reflectinte, Crema bronceadora e MOITAS GAÑAS DE SUFRIR PASANDO BEN ¿?...
JOLIN
Todo o mundo calado ... non sei, non sei.
Será que están a facer os testamentos como este:
http://www.youtube.com/watch?v=ssWorDz_cCA&feature=player_embedded
alberto
Buenas, se acerca el dia y las maletas sin hacer... jaja,entonces quedamos en la rotonda del peregrino
alas 4?
JOLIN
Quedamos logo Germán e eu xunto ó peregrino na Corveira onde nos recolle Alberto algo antes das 16:00 horas e logo pasamos pola parada de Acea de Ama onde estará Pachi agardando.
Respecto a Luis ten un problema de última hora e hasta mañá pola mañá non sabe si poderá asistir polo que en caso negativo xa non cambiariamos de coche en Rábade.
Este ano si que vai ser o INFERNO de verdade xa que as temperaturas serán similares... e o ambiente xa se caldea na prensa:
miliblan
Moita sorte a todos

JOLIN
Xa podemos facer outra muesca no cuadro da bike pois o SOPLAO-2010 foi superado con nota polos 6 representantes do Riazor que alí finalmente estivemos: Manu e su irmán Nacho que non perden unha cita importante, Pachi entrou co tempo dos profesionais do pedal, solo o vimos na saída e logo acompañándonos a tomar a pasta con cervexa cando chegamos nos, Alberto entrou logo e a poucos minutos eu (sobre 12 h 45 min) e cando agardábamos por Germán este apareceu duchado e repeinado (non se lembrou que habia pasta para repoñerse na meta) que se nos colou nun avituallamento (como correcamiños mentres os coyotes durmíamos debaixo dunha sombra) e entrou antes que nos.
Moitísima calor e festa total en Cabezón, a organización de sobresaínte para arriba, xa iremos ampliando as crónicas e as fotos do evento.
E por certo, demoslle o relevo os de estrada no mesmo restaurante, pois cando entraron eles nos estabamos co café, así somos os beteteiros: "poucos pero sempre por diante", jejeje. E a pesares que estabamos en Luarca, o pago foi o estilo Ribadeo: cada un pagou o seu...
Xa están en internet as clasificacións definitivas (03-06-2010) e xa se poden imprimir os diplomas en
http://www.diezmildelsoplao.com/index.php?option=com_content&view=article&id=10&Itemid=39
Xeral - Categoria - Nome - Tempo
331º 132º B Manu 09:55:40
571º 240º B Pachi 10:51:52
825º 352º B Nacho 11:40:40
1142º 503º B Germán 12:36:34
1160º 511º B Alberto 12:39:25
1181º 142º C Linares 12:42:41
O derradeiro rexistrado foi o 1987º con 17:19 ousexa entrou as 01:19 do día seguinte de 3100 inscritos.
Tamén se ve o regulares que nos fixo a preparación para o Soplao: 3 minutos de diferenza entre nos os tres: Germán, Alberto e eu...
JOLIN

man
Noraboa!
Acordeime varias veces de vos o sábado mentras sufria subindo os lagos.
Podria ser un bo reto para o ano que ven.