Contacta con nosotros
Usuario
Contraseña
 

Darme de alta como usuario

Enlace a youtube

Visiona todos nuestros vídeos en el 

CANAL RIAZOR

Enlace al facebook

Club Ciclista Riazor

Brevets organizadas por el riazor para el 2012

BREVET DE 200 KM

Ruta del Prestige. Pola Costa da Morte.

24 DE MARZO

 

BREVET DE 300 KM

Polas cabeceiras do Eume e Miño

21 DE ABRIL

Equipaciones

ABONA AQUI TU PEDIDO DE ROPA.

EQUIPACIONES

Licencias 2012

ABONA AQUÍ TU LICENCIA 2012

(normal o subvencionada)

LICENCIAS

Abona tu cuota

ABONA TU CUOTA ANUAL
CÓMODAMENTE DESDE LA
PASARELA DE PAGO SIN
RECARGO ALGUNO
AQUÍ

Formulario de inscricion como socio do club

HAZTE SOCIO DEL C.C.RIAZOR, ASEGURA TU PLAZA EN TODOS

SUS EVENTOS Y AHORRATE UNOS EURILLOS

QUIERO SER UN RIAZOR

Calendario 2011 - informaciÓn

PARA VER O CALENDARIO DE SAÍDAS ENTRE-SEMANA PICA EN "EL CLUB" SALIDAS BTT ENTRE-SEMANA

 

CALENDARIO 2011 DE ESTRADA

 

CALENDARIO 2011 DE BTT

 

Foro del Club Riazor: Salidas BTT, Marchas y Competiciones, Mercadillo, etc...

Foro do Clube :: 10.- A bici como medio de transporte :: XA PODES ALQUILAR UNHA BICI EN A CORUÑA - BICICORUÑA

palmeiran

08/10/2009, 21:53
Editado: 08/10/2009, 21:58

Bicicoruña comeza a funcionar con 150 bicicletas distribuídas en dez puntos da cidade

O Concello da Coruña puxo en marcha a partir de primeiros de xullo 2009 o servizo gratuíto de préstamo de bicicletas Bicicoruña, a través da empresa municipal Emvsa. Os titulares da tarxeta cidadá Millennium poden darse de alta no servizo acudindo á sede de Emvsa na Casa da Auga.

Esta nova infraestrutura, que incidirá na mellora da mobilidade da cidade, permitirá poñer a disposición dos coruñeses un servizo gratuíto de préstamo de bicicletas, dotando a cidade de cento cincuenta bicis, distribuídas en dez bases para a súa retirada ou entrega, situadas en distintos puntos da cidade. O novo servizo entrará en funcionamento a partir de hoxe.

Os titulares da tarxeta Millenium interesados no uso deste novo sistema de transporte saudable poderán darse de alta nel na sede de Emvsa, situada na Casa da Auga. O horario para activar este novo servizo nas citadas oficinas é de 9 a 13 horas e de 16 a 18 horas. Ademais, e ao longo desta semana, instalaranse postos informativos en puntos clave da urbe para lles facilitar aos coruñeses completa información sobre esta nova oferta.

O novo sistema estará a disposición de todos os coruñeses a través da tarxeta Millennium. Os turistas ou usuarios ocasionais poderán tamén gozar do servizo retirando unha tarxeta alternativa, chamada tarxeta Bicicoruña, de carácter temporal. Esta posibilidade quedará operativa a partir do próximo día 15, data na que comezará a funcionar o préstamo das bicicletas.

O uso das bicicletas terá carácter gratuíto. No entanto, e en aras de evitar actos vandálicos ou que non sexan repostas nas bases destinadas para tal fin, estableceuse o pago dunha cota anual de mantemento. Neste primeiro semestre de posta en servizo, os usuarios posuidores de Tarxeta Millennium terán que aboar 10 euros. Para o exercicio 2010, a cota anual de mantemento cífrase en 30 euros. No caso da tarxeta Bicicoruña, a súa validez será dun mes e o seu custo de mantemento será de 5 euros, debéndose facer fronte, ademais, a unha fianza de 20 euros que será recuperada no momento da devolución da citada tarxeta.

As dez bases de bicicletas foron situadas en puntos neurálxicos da cidade. Así, poderán retirarse e entregarse bicis na Estación de Autobuses, Os Castros, a Praia de Oza, os Xardíns de Méndez Núñez, a Cidade Deportiva da Torre, As Lagoas, a Praza de Pontevedra, Casa da Auga, o Millennium e a Estación de Trens. As condicións fixadas para o servizo establecen un prazo máximo de dúas horas de uso; se ao cabo dese tempo a bicicleta non foi devolta en ningunha das bases habilitadas para iso darase de baixa o usuario da tarxeta utilizada para a súa retirada.

Polo que respecta aos horarios, as bicicletas poderán ser utilizadas dende as 8 da mañá ata as dez da noite de abril a outubro, incluídos; mentres que o horario de inverno, entre novembro e marzo, o servizo cerrará ás oito da tarde.
Fonte: Páxina Web do Concello de A Coruña

Mais información: BiciCoruña