Contacta con nosotros
Usuario
Contraseña
 

Darme de alta como usuario

Enlace a youtube

Visiona todos nuestros vídeos en el 

CANAL RIAZOR

Enlace al facebook

Club Ciclista Riazor

Brevets organizadas por el riazor para el 2012

BREVET DE 200 KM

Ruta del Prestige. Pola Costa da Morte.

24 DE MARZO

 

BREVET DE 300 KM

Polas cabeceiras do Eume e Miño

21 DE ABRIL

Equipaciones

ABONA AQUI TU PEDIDO DE ROPA.

EQUIPACIONES

Licencias 2012

ABONA AQUÍ TU LICENCIA 2012

(normal o subvencionada)

LICENCIAS

Abona tu cuota

ABONA TU CUOTA ANUAL
CÓMODAMENTE DESDE LA
PASARELA DE PAGO SIN
RECARGO ALGUNO
AQUÍ

Formulario de inscricion como socio do club

HAZTE SOCIO DEL C.C.RIAZOR, ASEGURA TU PLAZA EN TODOS

SUS EVENTOS Y AHORRATE UNOS EURILLOS

QUIERO SER UN RIAZOR

Calendario 2011 - informaciÓn

PARA VER O CALENDARIO DE SAÍDAS ENTRE-SEMANA PICA EN "EL CLUB" SALIDAS BTT ENTRE-SEMANA

 

CALENDARIO 2011 DE ESTRADA

 

CALENDARIO 2011 DE BTT

 

Foro del Club Riazor: Salidas BTT, Marchas y Competiciones, Mercadillo, etc...

Foro do Clube :: 06. Mercadillo :: Luces de seguridade sen pilas nin dinamo. Compra por internet

Anxo

29/09/2008, 16:30

Creo que acabo de atopar a solución ideal para levar luz de posición na bici sen gastar pilas nin forzas, e sen medo a que cha rouben.
Trátase dun invento made in Denmark.
A luz en cuestion (traseira e/ou dianteira) é un 'led' que se alimenta da enerxía xerada polo movimento da roda pero, ao contrario que a clásica dinamo, sen ningunha resistencia extra. Ademáis, fíxase no peche da roda, co que non é tan doado que cha manguen como a clásica luceciña de quitar e poñer coa man.
Podedes velo aquí:
http://www.reelight.com/
Penso comprar o invento a través da páxina web do fabricante, porque que eu saiba non está disponible en tendas. Se hai alquén máis interesado, poderíamos facer un pedido conxunto e así repartimos os gastos de envío.

Chicho

10/10/2008, 16:50

ola Anxo, o outro día paseando polo Obradoiro vin unha bici con estas luces postas, tiñas situadas na parte inferior do tirante(parte de atrás) e diante na parte inferior da horquilla, tiñan boa pinta, pero considero que teñen un prezo un pouco elevado.

un saúdo.

palmeiran

13/10/2008, 18:22

Recordade o que vos dixo Emilio de poñer os links a webs no foro:

Pulsades o botón Enlace....
ábrese unha ventaniña e pegades ahí o link....
ábrese outra ventaniña e escribides o nome que lle queredes poñer ó link e xa está...
...e queda así de bonito...

LUCES PARA BICI SIN BATERÍAS

palmeiran

13/10/2008, 18:34

...e falando do asunto do post...será unha boa opción de compra por non ser tan contaminantes ó non gastar pilas, porque como opción de compra para preveer roubos..., joder, por 47 euros mercas moitas luces de posición nos chinos como para permitirte que che rouben ata unha ducia delas....

O invento está ben, pero parécenme un pouco cariñas como luces de posición.

Anxo

14/10/2008, 19:08
Editado: 14/10/2008, 19:21

De acordo, son caras, pero era un caprichiño.
Xa as comprei.
De todos xeitos, entre as que perdín e as que me roubaron, xa levaba gastada unha pasta en luceciñas do carallo. Xa non gasto máis. Se estas fallan, vou a escuras.
E, por certo, viñeron mal, porque a de diante en vez de dar luz continua como debería, fai destellos. Estoy intentando que mas cambien. (Ao final non llas comprei ao fabricante, senon a uns ecoloxistas cataláns, deses que pedalean en bolas:
Tenda ecolóxica
Polo demáis, o sistema é macanudo. Sen dúbida, o mellor que coñezo. Viva a eficiencia enerxética!

palmeiran

15/10/2008, 18:25

Si, xa coñezo esa páxina dende fai tempo. Teñen cousas moi interesantes. E non cabe dúbida que as luces están moi ben pero me pareceron un pouquiño caras. Ademáis coa dinamo de toda a vida farías máis exercicio, jajajaja

miliblan

15/10/2008, 20:29
Editado: 15/10/2008, 20:31

..."Reelight, actualmente, es el único sistema de señalización para bicicletas que funciona sin pilas."

... "Reelight no es apto como sistema de iluminación para avanzar en la oscuridad. Para los que precisan un iluminación de calidad, porque pedalean en ambientes no urbanos y a oscuras, recomendamos una dinamo de buje"