Contacta con nosotros
Usuario
Contraseña
 

Darme de alta como usuario

Enlace a youtube

Visiona todos nuestros vídeos en el 

CANAL RIAZOR

Enlace al facebook

Club Ciclista Riazor

Brevets organizadas por el riazor para el 2012

BREVET DE 200 KM

Ruta del Prestige. Pola Costa da Morte.

24 DE MARZO

 

BREVET DE 300 KM

Polas cabeceiras do Eume e Miño

21 DE ABRIL

Equipaciones

ABONA AQUI TU PEDIDO DE ROPA.

EQUIPACIONES

Licencias 2012

ABONA AQUÍ TU LICENCIA 2012

(normal o subvencionada)

LICENCIAS

Abona tu cuota

ABONA TU CUOTA ANUAL
CÓMODAMENTE DESDE LA
PASARELA DE PAGO SIN
RECARGO ALGUNO
AQUÍ

Formulario de inscricion como socio do club

HAZTE SOCIO DEL C.C.RIAZOR, ASEGURA TU PLAZA EN TODOS

SUS EVENTOS Y AHORRATE UNOS EURILLOS

QUIERO SER UN RIAZOR

Calendario 2011 - informaciÓn

PARA VER O CALENDARIO DE SAÍDAS ENTRE-SEMANA PICA EN "EL CLUB" SALIDAS BTT ENTRE-SEMANA

 

CALENDARIO 2011 DE ESTRADA

 

CALENDARIO 2011 DE BTT

 

Foro del Club Riazor: Salidas BTT, Marchas y Competiciones, Mercadillo, etc...

Foro do Clube :: 07. Mecánica :: Restauración dunha BH clásica feita por Chicho

palmeiran

29/03/2008, 22:13
Editado: 29/03/2008, 22:23

Na sección fotos podedes ver o que se pode facer con un pouco de paciencia, un bote de decapante, unhas lixas, un pouco de aparejo e de pintura, un compresor do Lidl e algunhas horas libres. O colega Chicho colleu unha BH toda enferruxada e tras unhas horiñas de traballo quedóulle desta guisa, e ainda non está acabada.

Anxo, eu estou tamén metido na restauración da miña Orbea, teste que animar e restaurar tí esa xoia que tés.

Animo, a ver se o próximo día da bici saímos coas clásicas e vestidos de época.

Anxo

31/03/2008, 19:08

Tes razón.
Teño o proxecto parado entre outras cousas porque non sei por onde empezar. Non son eu moi manitas que digamos...
Se ti te pos á tarefa, e estás disposto a compartir coñecementos, tal vez me anime.
A obra de Chico, maravillosa.

palmeiran

01/04/2008, 13:43

A ver, o procedemento que seguín eu ata a data foi:

- Fotografiar toda a bici para saber como estaba montada, aparte de ter fotos do estado anterior. Fotografía os pequenos detalles, frenos, gardabarros, etc...

- Desmontaxe da bicicleta, casi totalmente, non tés que desmontar a horquilla nin o pedalier para non complicarte demasiado, á hora de pintar tápase ben con papel e punto. Non olvides gardar todas as pezas para que logo non che falte ningunha.

- Compras un decapante nunha tenda de pinturas (+- 4,50 euros), non o merques nunha gran superficie porque che clavan entre 12 e 16 euros por litro.

- Aplicas o decapante á pintura da bici. Ollo, usa gafas protectoras e guantes, ésto é moi importante, o decapante queima na pel como se che puxeran un ferro quente, e coidado ó abrilo porque condensa os gases dentro e pode saltar un pouco cando se abre (por iso o das gafas protectoras).

- Unha vez aplicado, déixalo uns 15-20 minutos e verás como derrite a pintura, podes quitala cunha máquina de lavar de presión ou coma min, con unha rasqueta. Nas zonas difíciles utiliza un cutter ou unha lixa para quitar as pequenas partes que non che saíron ben.

- Cando o teñas todo sen pintura, pásalle a lixa para quitar restos de óxido e de pintura que podan quedar.

- Compra unha botelliña de OXI-NO e aplícalla ó cuadro e ós gardabarros, e a pezas que vaias a pintar e que sexan susceptibles de oxidarse. O OXI-NO o que fai e que crea unha capa que protexe do óxido. O cuadro tomarache unha tonalidade grisacea como se o mancharas de borra.

- Agora ven a parte xa de pintura que seguiremos outro día.

- De momento te podes acercar a unha tornillería ou ferretería boa e mercar os tornillos que están oxidados, e podes pedilos en aceiro inoxidable. Todos os tornillos non creo que che cheguen a 4 ou 5 euros.

Anxo

02/04/2008, 09:21

Vou tomando nota...
A verdade é que xa a teño medio desmontada. O que se deixou, porque hai algún tornillo que non se move nin a tiros. Hai tempo empecei a lixala. Non pensara no decapante.
Unha das miñas dúbidas é cómo recuperar os cromados, o do manillar, por exemplo. Están todos picados.

palmeiran

04/04/2008, 10:39
Editado: 04/04/2008, 11:13

Pois para recuperar os cromados, so che queda unha... rascar o bolsillo. O cromado faise por un procedemento de electrolisis e iso faise en empresas especializadas e non é precísamente barato. Ainda que por che cromar un manillar non creo que che cobren moito.

Hai unha maneira artesanal de facelo, eu tiña un enlace moi bo dónde che explicaba como fabricar un aparello para cromar, pero non o atopo en Favoritos (creo que é da páxina de motos antiguas La maneta . Para os que vos guste facer restauracións, esta páxina é unha das mellores que vin, ides á sección de RESTAURACION e explícavos dende como recuperar cromados, ata como quitar pinturas, facer pezas novas, etc...

Seguindo co tema de facer o aparello para cromados, decirvos que nen os acabados son profesionais nen creo que compensara construílo para cromar catro pezas. Aparte hai que conseguir os ácidos para cromar. Pásoche un link que atopei dónde tamén explica un pouco o proceso. [url=http://www.electronica2000.net/curso_elec/cromar.htm ]Como cromar[/url]

Eu cromara pezas de unha moto antigua nunha empresa que hai no polígono da Grela, cerca de ferros Freire, na Av. de Arteixo á saída da autopista que ven de Carballo.

Outra solución máis barata é que fagas como fixo Chicho. O seu manillar tamén era cromado e o que fixo foi preparalo igual que para pintar e dóulle unha pintura gris metalizado. E se queres un acabado máis bonito lle podes aplicar un barníz logo á pintura.

O tema máis complexo che vai a ser a parte da pintura porque precisarás ter un compresor con accesorios para pintar e un pouco de técnica para evitar os gotóns típicos das primeiras pintadas.

Anxo

04/04/2008, 13:07

Desde logo, o máis razonable cos cromados vai ser facer o que fixo Chicho.
Tomo nota de todas as túas indicacións. Agora o que necesitarei será encaixar a tarefa restauradora na miña axenda. Xa che contarei.

Chicho

07/04/2008, 20:03

Referente ó tema dos cromados ten razón Palmeirán, a maneira que hai é rañando o peto, e iso doe moito. Eu, gastei moitísimo menos, pero os acabados tampouco son semellantes, pero quedan aceptables. Para ese tipo de pezas tamen podes mercar uns sprais e despois un barniz tamén en sprai, esto eu merqueino no Leroy Merlin sobre uns 7€/u. Tamen podes facelo pintandoos co compresor pero o procedemento é o mesmo. Tratar a zoa a recuperar eliminando o óxido, despois aplicar unha imprimación ou aparello, lixar e pintar e barnizar.

Leva tempo, pero pouco a pouco, á miña BH xa lle falta pouco, pero ánimo, que xa seremos as envexas deste foro, todos con bikes de carbono e nos pedaleando con puro ferro. Chicho.

Anxo

09/04/2008, 16:12

Noraboa polo traballo, Chicho.
Eu non che son moi manitas, pero coa túa información e máis a de Palmeirán voume quedando sen excusas para non poñerme á tarea de restaurar o meu ferro.
Tes razón, imos ser a envexa dos carbónicos.