Contacta con nosotros
Usuario
Contraseña
 

Darme de alta como usuario

Enlaces

ENLACE AL FORMULARIO

SER UN RIAZOR

ENLACES "PAGOS DIVERSOS"

ENLACES CALENDARIOS Y 

ENVENTOS

            

  

  

ENLACES PATROCINADORES

Y COLABORADORES

ENLACES DE INTERES

 

Foro del Club Riazor: Salidas BTT, Marchas y Competiciones, Mercadillo, etc...

Foro do Clube :: 02. Saídas BTT :: Domingo, 25/12/2011

JOLIN

24/12/2011, 09:49
Editado: 24/12/2011, 09:57

Onte quedamos Emilio e eu e sair a dar un voltio o Domingo, algo tranquilo para baixar a cea de Noiteboa e voltar cedo.

Quedamos, coma sempre,  as 09:00 na parada de Acea de Ama, si alguén quere sair algo máis tarde que fixe a hora para sair todos xuntos.

Bo Nadal, e coidado cos Papá Noel de hoxe en día que son tenebrosos:

 

JOLIN

24/12/2011, 11:06

Ollo!!!!

que este PapáNoel adícase a esto:

JOLIN

26/12/2011, 11:01
Editado: 26/12/2011, 11:24

Soamente Emilio e eu saímos en busca de Papá Noel, con moito frío a primeira hora que se disipou no transcurso da mañá. Eliximos a rota do Sapoconcho que fixemos na súa integridade, bonitas escenas de inverno e rodar tranquilo que era o que buscábamos:

A névoa pareceu respetar a beira de Culleredo...

 

Subindo por Perillo unha vista atrás fermosa:

 

Os prados brancos coa xeada:

 

Xa en Cecebre, co pantano de fondo:

 

E para celebrar o Nadal e dado que non atopamos ó Papá Noel para invitalo... tapiña dobre de callos...

 

Unha panorámica coa ría do Burgo nun manto branco:

 

Os datos da rota:

http://imageshack.us/photo/my-images/508/dibujoten.jpg

miliblan

27/12/2011, 10:02

Pagou a pena o esforzo de levantarse con menos de catro horas durmidas. Nalgún momento arrepentinme de quedar pero unha vez na bicicleta todo foi un disfute polo tempo, as vistas e percorrido e como non, pola compañía.

man

27/12/2011, 22:46

Pois eu non puiden sair con vos, que xa me tería gustado, pero a eso das 12:00 sain co meu fillo Nicolás desde Tarrío e seguindo a ruta da Pedalada chegamos ate a Residencia de estudantes o bordeamos a parte de abaixo do club de Golf antes de voltar a Tarrio de novo.

Quitando as subidas mais duras o rapaz esta feito un betetero, disfruta a tope das charqueiras e baixando hai que velo... a ver si dura a afición!

Teño unhas fotos que a ver si sei colgar.

¡Feliz Ano!