Contacta con nosotros
Usuario
Contraseña
 

Darme de alta como usuario

Enlaces

ENLACE AL FORMULARIO

SER UN RIAZOR

ENLACES "PAGOS DIVERSOS"

ENLACES CALENDARIOS Y 

ENVENTOS

            

  

  

ENLACES PATROCINADORES

Y COLABORADORES

ENLACES DE INTERES

 

Foro del Club Riazor: Salidas BTT, Marchas y Competiciones, Mercadillo, etc...

Foro do Clube :: 02. Saídas BTT :: Saída Domingo 18/12 as 09:00

JOLIN

17/12/2011, 16:34

Mañá Domingo eu estarei na parada as 09:00 (con resaca ou sin ela) para facer unha limpeza de poros. Espero non ir solo a pesares de que hoxe haberá pinchada.

Se queredes tamén podemos retrasar media horiña pero iso xa por fixar.

miliblan

17/12/2011, 19:05

Por mín seguimos saíndo ás nove

JOLIN

18/12/2011, 22:14
Editado: 18/12/2011, 22:24

Hoxe boa mañá tanto beteteira como climatolóxicamente falando, demos un bo rule Toni, Man, Angel, Fenoco, Emilio e eu tirando pola rota do Corvo hacia Morás ainda que subindo a Zapateira para evitar pasar polas obras da 3ª ronda de cara a Novo Mesoiro, haberá que profundizar neste tramo para encontrar un camiño no lugar de asfalto. 

A rota fíxose moi entretida polas charcas inmensas que tivemos que cruzar e tramos de manexo con pericia para manterse enriba do barro.

O final despedimos tamén na Zapateira os que tiñan que fichar cedo e intentamos o imposible:  

Desmontar ó Cabaleiro que cual Cid Campeador gaolopou toda a mañá no seu Rocinante de estreno. Pero a batalla foi en balde pois iba pegado de tal maneira á súa montura que nin subindo nin baixando polos sitios máis imposibles conseguimos que puxera pé a terra.

Xa derrotados Man e eu, non tivemos máis remedio que pregarlle clemencia no momento que quería facer rodar as nosas cabezas. A partires de hoxe será a luz que guie as rotas beteteiras e

¡¡¡¡ pobre de aquel que ose retalo !!!!! .

JOLIN

18/12/2011, 22:49
Editado: 18/12/2011, 23:33

Perfil co detalle do cerro onde se intentou arrodillar a Emilio...

 

 

 

http://imageshack.us/photo/my-images/502/detalleh.jpg/

 

O equipo ó completo:

 

Emilio sorteando os charquiños:

 

Baixando cara a Orro:

 

Emilio esquiva os tramos complicados, vai ó seguro...

 

Hasta esquiva a cámara para non salir mollando os pés:

 

Man facendo "augas":

 

Eiquí si que te pillei... atrapado no barro... ¿¿¿ou parou a ver como iban de presión as rodas????

 

 

Alguén que me remolque...

 

En Culleredo xa rematando a rota:

tonilatre

19/12/2011, 19:55

YO ME VOY A PEDIR A LOS REYES MAGOS,  UNAS BOTAS DE ESTAS TERMICAS PARA AGUA Y FRIO, COMO LAS QUE LLEVA EMILIO. VAYA MAÑANITA...

COMO REZA LA CANCION DEL "GRANDIOSO" FARY.

..."HAY MI TORITO, TORITO GUAPO, TIENE BOTINES Y NO VA DESCALZO..."

miliblan

19/12/2011, 19:49
Editado: 19/12/2011, 19:58

Co de Rocinante acertaches Jolín porque como cabaleiro creo que me acerco máis ó Quixote que ó Cid. Sempre pelexando con muiños de vento e con valores que parecen ser doutro tempo.

Coma o Cid erades algún de vos montados en Babiecas que pretendían humillar a miña Rocinante. Que si lle sobra aluminio ó basculante, que si a horquilla non se pode regular, que si non ten brake, que si as cubiertas van patinar ...

A pesares de todo tanto a montura coma o xinete aguantamos todos os embites tanto subindo como baixando e foron outros os que puxeron pé a terra.

Da proba do vídeo saíron tomas interesantes. A pesar de recibir mofas da miña alta tecnoloxía.

En fin, xa estamos preparados para a próxima batalla. E non pediremos clemencia jajajaja

Toni, espero que hayas sido bueno y te traigan lo que pides

Un placer