ENLACE AL FORMULARIO
SER UN RIAZOR
ENLACES "PAGOS DIVERSOS"
ENLACES CALENDARIOS Y
ENVENTOS

ENLACES PATROCINADORES
Y COLABORADORES
ENLACES DE INTERES
mcambeiro
Xa comezou a tempada de Ciclocross, e tres Riazores achegámonos a Navia este domingo 13 para estrearnos na disciplina, Bernardo, Manuel e Marcelino.
Acadáronse os obxetivos, rematamos os tres.
O circuito estaba en moi boas condicións... boas de máis para nós, e con duas zonas rapidísimas, ostiles para o Single.
Eu nos primeiros obstáculos, ao remontar afloxóuseme unha maneta bloqueando co freno a roda traseira, tendo que parar e inutilizalo freno traseiro, non podendoxa desde o comezo, poder apoiarme nesta maneta, sen poder poñerme de pé por este problema, lastrándome toda a carreira.
Manuel levaba unha relación mais apta para moito barro e subidas... como así fora o ano pasado neste circuito, durísimo pola chuvia e o barro.
Bernardo tivo tamén algún problema no cambio, e saíaselle continuamente a cadea polo barro ao querer meter o plato pequeno.
CLASIFICACIÓN XERAL - Master 30 e Senior (Saimos 72)
Pto. Dorsal Tiempo a Nombre Equipo Categoría V1 V2 V3 V4 V5 V6 V7
62 33 -1 lap CAMBEIRO TRILLO Marcelino C.C. RIAZOR M30 8:57,2 8:11,3 8:19,9 8:26,4 8:39,1 8:23,0
64 42 -2 laps CARRO MESIAS Bernardo C.C. RIAZOR M30 9:00,9 10:05,6 9:43,3 9:43,1 9:46,7
68 37 -3 laps DANS FRAGA Manuel C.C. RIAZOR M30 9:41,4 10:22,3 13:11,1 12:49,3
Que dicir, que non temos asistencia de ningún tipo, nen bicis de recambio, nen material... moito menos "exótico" (tubulares, rodas de perfil, etc)
Como tódolos bos comezos, o noso non podía ser doutra maneira, humilde, pero contentísimos e xa agardando a seguinte... esperemos que se decida a chegar a choiva, o barro e o frío dunha vez!!! e seguir rematando carreiras, e pasalo polo menos tan ben como nesta dando o mellor que poidamos en cada situación.
MIGUEL SEOANE
Noraboa polo estreo no CX.
antonio.sutton
Por non ter non temos nin cambios....
fenoco
Parabéns. Moi boa estrea, sobre todo tendo en conta as dificultades que tivestes. Moito ánimo e sorte para as próximas carreiras.
miliblan
Noraboa. Por fin o ansiado debut e superando as dificultades. Xa contaredes polo miudo.
Ollo que a partir de agora imos requirir resultados jajajaja
ROBERTO
¡Vaia pleno! Un balance caralludo, sobre todo tendo en conta que iades sen experiencia previa e sen asistencia; e dicir: " a pelo".
¡Bravo, rapaces!
man
Os meus parabens rapaces!!!
Espíritu Riazor 100%
Espero que nas próximas non teñades tantos atrancos mecánicos, e que chegue o barro que esperades.
Pola miña banda penso que xa non vou entrar mais a leer este post, porque corro risco de envidia (da boa) e acabar fozando tamén eu na lameira... e non pode ser!
O dito, noraboa!
antonio.sutton
O día 27 temos outra... a ver como se nos da.
Desta haberá que correr, aínda que sexa só, un pouquiño máis.
mcambeiro
Bueno, xa víramos despois da carreira que había moitas protestas, eu non quería decir nada pois parecíame raro... e finalmente están as clasificacións fináis actualizadas 14 Nov.
Xeral Master30 e Sénior (Saimos 73):
Pto. Dorsal Tiempo a Nombre Equipo Categoría
26 33 51:09,0 +6:11,0 CAMBEIRO TRILLO Marcelino C.C. RIAZOR M30
65 42 -2 vueltas CARRO MESIAS Bernardo C.C. RIAZOR M30
69 37 -3 vueltas DANS FRAGA Manuel C.C. RIAZOR M30
antonio.sutton
Ou sexa que volveron por o que puxeran ao principio......... jajaja menudos cachondos.
mcambeiro
La Morgal, 27 de Novembro de 2011
Clasificacións... de novo unha trapallada.
Doume conta do pouco importante que é o tema dos Máster e como pasan de facelo de maneira "seria" as federacións etc... duas carreiras... duas trapalladas coas clasificacións... resumindo:
Saimos uns 50 Máster30 e Senior (xunto con élite femenino e juveniles)
Eu quedei quinto en Senior.... Sendo Máster30 ? ? ? ? ?
Polo tempo na xeral Máster30 quedaría 29 segundo o tempo perdido (tampouco hai xeral compartida) a 6:00 do primeiro
Manuel 34, a 11:40
Bernardo abandonou por un rebentón nun tubular.
Houbo moitos abandonos, a maioría por roturas de cadea, a pesar de que non había "chocholate" nen nada parecido nin moita dureza... sorpréndeme a cantidade de roturas de material que hai nas carreiras, mesmo entrenando o día antes e quentando.
Eu caín no final da primeira volta dando unha volta de campana de lado, nestas batín na cadea nalgún momento saíndoseme e tendo que volver a poñela, recuperando despois parte do tempo perdido, pero xa en terra de ninguén sen poder ir en grupo "cos meus".
O circuito todo herba, moi rápido, con só duas pequenas subidas nun montículo, todo herba tamén, e técnica con baixadas con curva fortes. En xeral moi revirado, mereante nalgún lugar, pero divertido.
Algunhas fotos que collín por internet onde aparecen riazores... só eu po agora
O resultado, de novo foi de novo moi positivo... pero seguimos esperando o Inverno de verdade.
Saudos a todos!!!
JOLIN
Vese e o colledes con ganas, jejeje. A ver cando chegue o barro si vos encontrades na vosa salsa... Noraboa.
miliblan
Que o inverno xa chegou. Pregúntalle a Felipe en Portomarín. Lama envolta en bosta. Eu o que creo e que vos equivocades de circuito. jajaja
Ides lanzados. Moitos ánimos
antonio.sutton
O martes da anterior semana, que foi festivo, achegueime a Boiro para correr outra carreira de ciclocross.
Levava toda a semana medio parado, sen poder entrenar moito pero alí estábamos descubrindo outro circuito para ter algún traballo feito para o ano que ven.
E vaia co descubrimento. Boiro non ten nada a ver co coñecido este ano en Asturias (Navia (Cpt. España) e La Morgal (Copa Asturiana)), é un circuito durísmo fisicamente e con pontos certamente técnicos tais como baixadas case totalmente verticais, zonas de area, subidas por escaleiras, pedras, raíces, que a organización se molestou en pintar de cor de rosa para que aínda desen máis medo jaja, subidas e baixadas de zócalos considerablemente altos etc. En definitiva que o rédito en aprendizaxe foi máis que notable desta vez.
Polo que se refire á miña carreira pouco ten que contar. Desta vez saía co 39-19 que tan ben me fora en La Morgal (alí en seco ata se podería levar un 39-18 sen problemas) e xa na longa recta de saída asfaltada se me escapan todos considerablemente, entro na herba e trato de ir de menos a máis, como sempre fago, no primeiro codo engancho unha cinta no peche rápido da roda dianteira e ao tirar cos pedais para tentar rompela e non ter que parar sinto a roda de diante frouxa.... a cinta abrírame o peche rápido. Decido tomalo con filosofía, paro e apreto a roda para continuar, chego á zona das raíces ao lado da ría e deféndome como podo, despois dun par de subidas e baixadas destas de pechar os ollos e apretar os dentes chegábase a un charqueiro enorme que segundo por donde o colleras tiña pedras, lama ou che chegaba a auga aos eixos, nada máis entrar pola lama advirto que o 39-19 aquí me ía xogar unha mala pasada, e efectivamente no longo tramo de area tocaria patear. E de tanto patear cheguei a meta como puiden con golpes e ematomas en sitios inexplicables.
Folga dicir que o resultado debeu de ser o máis malo destas tres carreiras máis fico contente porque o aprendido compensou as dificultades da proba.
Para a próxima, en Santiago, tentaremos seguir aprendendo e gañando confianza para a tempada que ven xa que esta xa está rematando.
A reportaxe fotográfica tardará uns días en chegar porque a fotógrafa marchou coa cámara e eu nen me lembrei de pedirlle as fotos.
Polo que toca a Bernardo, o outro compañeiro do clube que correu esta carreira, rematou sen maiores problemas, salvando os incidentes de transmisión inherentes á disciplina.
man
Noraboa unha vez mais por eses progresos que ides facendo, e sobretodo polo xeito no que estades a afrontar esta nova aventura.
Para esa proba en Santiago acórdate de colgar no foro a data con antelación, xa que así seguro que igual un grupo de xiareiros poderíamos acercarnos ate a capital (incluso ó lombo das nosas monturas) a animar a eses "locos chiflados cos seus "bellos" cacharros...."
Vémonos mañá!
miliblan
Menos mal que dades as novas xa que algún xa sabiamos que correrades. Hai espías por todas partes que non tardan en pasarnos a información.
As crónicas cada vez se parecen máis a partes de guerra pero vexo que sempre sobrevivides jajajaja
mcambeiro
Moi ben Manuel!! seguimos acabándoas!!
Eu a ver se estou para Santiago, que non toquei a bici dende A Morgal, nin corrín... outra vez contra as cordas, jejeje
miliblan
Por fin as fotos




mcambeiro
Campionato Galego de Ciclocross
O Riazor estivo alí coa participación de Manuel.
antonio.sutton