Contacta con nosotros
Usuario
Contraseña
 

Darme de alta como usuario

Enlaces

ENLACE AL FORMULARIO

SER UN RIAZOR

ENLACES "PAGOS DIVERSOS"

ENLACES CALENDARIOS Y 

ENVENTOS

            

  

  

ENLACES PATROCINADORES

Y COLABORADORES

ENLACES DE INTERES

 

Foro del Club Riazor: Salidas BTT, Marchas y Competiciones, Mercadillo, etc...

Foro do Clube :: 01. Xeral :: VI CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

miliblan

27/10/2011, 22:07
Editado: 27/10/2011, 22:34

  VI CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CLUB CICLISTA RIAZOR

Un ano máis o Club Ciclista Riazor convoca o seu Concuso de Fotografía

PREMIOS:

Consistirán en sendos trofeos a:

- MELLOR FOTOGRAFÍA. Aquela fotografía que no seu conxunto de temática, composición, luz, calidade …pensemos que é a mellor.O tema terá que estar necesariamente relacionado co ciclismo .

- MELLOR PAISAXE. Aquela fotografía que nos pareza que resalta mellor unha paisaxe.

- MOMENTO CICLISTA Aquela fotografía que reflexa mellor a esencia do ciclismo independientemente da calidade. Esforzo, sufrimento, triunfo, equipo, estética, humor, etc, etc..

BASES:

. Estará aberto e en exclusiva a tódolos socios/as.

2º. Terán que estar feitas nesta temporada 2011 e terán que ver con eventos ciclistas. Sacadas en saídas, marchas, kedadas, excursións persoais en bici, etc. 

3º. Poden presentarse reveladas en tamaño 15x20 en brillo. Se non as queredes revelar podedes mandalas ó correo miliblan@gmail.com (mandadeas nun tamaño grande) e as revelaremos nos. Tamén as podedes mandar nun CD

4º. Tendo en conta as presentadas en edicións anteriores, entrarán a concurso ata 70 fotografías. Cada participante poderá presentar as que queira ata completar esa cifra. Por eso é importante que poñades o orden de preferencia en que as presentades.

5º. Todo/a socio /a ten dereito a presentar a lo menos unha fotografía.

6º. As fotografías pasarán a ser propiedade do Club.

7º. A data límite para a presentación de fotografías será o 14 de Novembro.

8º. As fotografías exporanse no local onde teñamos a Festa Fin de Temporada.

9º. O xurado estará composto por todalas persoas que acudan á Festa Final de Temporada.

10º Todas as fotografías concursarán nas tres categorías.

ANÍMATE E PARTICIPA