ENLACE AL FORMULARIO
SER UN RIAZOR
ENLACES "PAGOS DIVERSOS"
ENLACES CALENDARIOS Y
ENVENTOS

ENLACES PATROCINADORES
Y COLABORADORES
ENLACES DE INTERES
JOLIN
Xa temos, na volta da esquina, a rota dos veciños do CCCambre. Algúns de nós xa andivemos catando camiños, e estaba claro polas rodadas, que non fomos os únicos... moito adestramento fai o personal.
Na saída de hoxe xa quedou unha grupeta convocada para o Roteiro:
CONVOCADOS:
-Alberto
-Toni
-Jolin
-Luis1906 (que ven de prestado pois fareille eu a incripción)
Lóxicamente o orden da lista vai en relación a dos tramos a facer cada un... léase LARGO, MEDIANO e CURTO...
Malva
Hola, eu tamen teño pensado asistir, por suposto o recorrido medio, a continuacion vou afacer a inscripcion.
Si saides algun dia de esta semana vos acompaño.
fenoco
CONVOCADOS:
-Alberto
-Toni
-Jolin
-Luis1906
-fenoco
JOLIN
CONVOCADOS:
-Alberto
-Toni
-Jolin
-Luis1906
-fenoco
-Manuel
E no listado do CCCambre aparecen tamén inscritos como Riazores:
-Jesús Ausin
-Santiago Besteiro
-Ricardo Fdez.
-Fernando Mariño
Polo que si aparecemos todos hasta igual podemos competir por ser o clube máis numeroso (sería un milagro, jejejeje)
![]()
fancy
Tambien vamos edu y el menda ,pues nada ,si estamo todos los que son y los que estan ,en total 12 ,no esta nada mal ,venga que se vea el amarillo del riazor el domingo ![]()
JOLIN
Pois si que éramos unha boa tropa, aínda que na foto incial non nos xuntamos todos, de tódolos xeitos algún non levaba a roupa do clube polo que a identificación é máis difícil.
Da rota era o que agardávamos, os pros dando caña para entrar no maratón, a grupeta do medio no que quedamos incluido o non facer Luis1906 de lebre como o tíñamos contratado, e logo o grupo dos tranquilos detrás.
Os da rota de 50 qm libramos da molladura final, ainda que no Xalo, tamen collimos algunha pingueira, 
Felicitar ó CCCambre pola organización e as variantes novas que sempre son un aliciente e o único pero foi o lonxe que estaba o avituallamento do Xalo, baixamos co buche baleiro, iso si, ben ventilados.
Os que chegaron ó Maratón deron caña logo do erro inicial que obrigou a moitos a dalo todo, entre eles Alberto do Riazor que foi raro que nos tivera que adiantar e por enriba aguantar o cachondeo
e logo o chaparrón...
solo faltou que nos volvera pasar a volta do maratón pois os da cabeza xa nos pasaron por diante, pero finalmente non lle vimos pelo nin na comida posterior.
Tony acompañounos na rota e Manuel, contento polo ben que acabou, na comida. Por certo non levou o trofeo de máis idade, por cuestión de meses, e ahí está escalando o Xalo como calquera.
Un saúdo.
Fotos, poucas que íbamos con presa:
https://picasaweb.google.com/108807593216652791519/7RoteiroBTTTerraDasMarinasCambreACoruna#
fenoco
Saín da casa como cando ía ás brevet, en dirección ó Burgo, pero desta vez ata Cambre. O ano pasado non acabara a Maratón, un motorista non me deixou pasar no último cruce e quedeime sen poder completala. Este ano quería facela completa pero tiña as miñas dúbidas. Na saída comenteino con Alberto: “non sei se serei capaz de chegar ó corte do Qm. 39, hai que facer unha media de 13 Qm/h e coa subida ó Xalo polo medio…”, e Alberto contestoume: “faise ben, a subida dura é a do Xalo, as demáis son levadeiras. Pero claro tes que saír mentalizado de que o vas conseguir, se xa saes con dúbidas…”
Dito e feito saqueime as dúbidas de encima e púxenme a confianza de que ía poder completar a Maratón.
A saída foi bastante tumultuosa, todos querían ir cara adiante e non podía ser, o camiño non daba para máis. O traxecto ata Celas encantoume pero non tiven moito tempo de disfrutalo, ía centrado no tema da media, cheguei a Celas cunha media de que pasaba de 15. Pero o Xalo é moito Xalo, e inda por enriba deume a impresión de que o subía dúas veces. No alto pegaba ben o vento e comezaba a chover por momentos. Non quixen nin mirar a media, supuxen que baixaría moito e había que xogala na baixada, a tope e sen miramentos, o que pasa é que se acabou enseguida. Pasamos por varios ríos, ó mellor era o mesmo, non o sei, por carreiros preciosos que tiraban para arriba ata o infinito e máis alá. Acordeime de Alberto varias veces con estas subidas levadeiras. Como nos controis non me dixeron nada supuxen que todo ía ben e encarei os últimos quilómetros moi xustiño de forzas e chovendo xa en toda regra. Os carreiros e camiños puxéronse moi perigosos, sobre todo baixando, en zonas de raíces e pedras, polo que houbo que andar con moito coidado. Ó final íamos un grupo de catro e imaxínome que pechando a marcha porque detrás viñan os das motos metendo presión. Cheguei pasadas as tres e media, perdidiño, empapado e cheo de barro ata as orellas. xa todos debían estar acabando de comer. Laváronme a bici e a min e marchei para a casa, inda me quedaban nove quilómetros, pero con calma.
JOLIN
Dentro dos Riazores, hainos de "secano" e de "mollado" senon ver as fotos de Cambre:
2 x auga:

1 x auga e 1 x secano:

2 x auga:

1 x auga:

1 x secano:

jejeje, os demáis non os localicei... ![]()