Contacta con nosotros
Usuario
Contraseña
 

Darme de alta como usuario

Enlaces

ENLACE AL FORMULARIO

SER UN RIAZOR

ENLACES "PAGOS DIVERSOS"

ENLACES CALENDARIOS Y 

ENVENTOS

            

  

  

ENLACES PATROCINADORES

Y COLABORADORES

ENLACES DE INTERES

 

Foro del Club Riazor: Salidas BTT, Marchas y Competiciones, Mercadillo, etc...

Foro do Clube :: 04. Marchas e competicións BTT :: VI MARCHA CICLOTURISTA MTB OS CHANS DO BARBANZA

man

27/06/2011, 17:06

CHURRASCO NO BARBANZA

Este domingo, mentras uns compañeiros beteteiro andaban a xogar os cabaleiros por terras castellanas, Toni mais eu fomos bourar as terras do Barbanza, na marcha de Boiro, que, milagrosamente e gracias o descomunal traballo da xente dos Chans do Barbanza, puidose celebrar a pesar de que o sábado o lume arrasou con todo o monte onde se iba a desarrollar a meirande parte do recorrido.

Os rapaces de Boiro traballaron arreo todo o sábado buscando alternativas ate a noite, tratando de cerrar unha ruta que estivese a altura do que esperábamos os que hasta alí fomos, e a bo fé que se superaron.

Noraboa pola ilusión posta, que fixo facer dun problema unha oportunidade para, se cabe, mellorar o xa previsto.

A ruta non era para nada sinxela, con subidas de moito mérito e baixadas fermosas, rápidas o mesmo tempo que con alta dificultade técnica que facian tirar do freo e tantear ben antes de meter a roda por un ou outro lado do camiño.

Cortalumes, camiños onde as cabras non suben, trialeras técnicas, baixas polo medio de bosque autóctono, pistas moi rotas e terreo extremadamente seco puxeron un punto de dureza alto que fixeron que a xente disfurtase arreo da ruta.

Pero a nota principal da xornada veu marcada por dous factores externos, un inevitable, o calor neste tempo no Barbanza, se ben e certo que non adoa ser tanta.

A outra en principio evitable, o lume, pero que faime pensar que nesta Terra Nosa non necesitamos xa enemigos que nos ataquen, parece que xa nos valemos nos mesmos para acabar con este paraiso no que temos a sorte e o privilexio de vivir.... lástima que todavia segan a pulular por ahí uns poucos tolos que non teñen mellor cousa que facer que prenderlle lume o monte...

Asi pois foi unha marcha marcada pola presencia continua de helicópteros e hidroavions que cando rodabamos pola parte alta parsaban a poucos metros por enriba de nos, levando auga para combatir o lume que arrasaba o monte a menos de un kilómetro de por onde nos íamos.

Teño que manifestar neste punto que nun momento que pasei por un camiño onde habia tres ou catro camions dos bombeiros, cunha ducia de persoas petrechadas para combatir o lume, tiven unha profunda sensación de coraxe, ...vergoña atreveriame a decir, de estar ali disfrutando da bici preto, e tan lonxe a un tempo, duns homes que se xogan a vida para manter o monte vivo.... disculpas, pola parte que me toca.

Mais dunha vez levantamos a voz como ecoloxistas, defensores da natureza, bla, bla bla, ... e logo tiramo-lo lixo pola ventanilla do coche ou non paramos a recoller o envoltorio da chocolatina que nos cae o chan....

En canto a Toni e mais eu, saimos pola parte de atrás e fomos pasando xente, mantendo un bo ritmo pero sin quentarnos, que para eso xa estaba o sol, disfrutando das baixadas e en amena conversa sempre que podiamos poñernos o par.

Pero antes do avituallamento Toni partiu a patilla do cambio, e, ainda que un Ambroa apareceu cunha patilla e fumos quen de cambiala con axuda dun Chan Barbanceiro, a guia do cambio estaba tan doblada que non habia nada que facer. Asi que punto final para el e eu seguín a ruta so.

Na media hora que estivemos parados pasaron o noso caron non menos de cen sufridores e acalorados beteteros, o que da unha idea do ben que iamos.

Eu ainda tuven tempo de practicar o voo sen motor, involuntariamente, claro está, e no sitio mais inesperado, na parte alta do monte por un camiño estreito “descubrin” (a posteriori porque antes non o vin) un burato que estaba oculto pola herba, e unha vez que encaixei a miña roda dianteira no mesmo, sain dspedido detrás das miñas orellas nun acto inconsciente,e involuntario que irremediablemente fixo que poidese comprobar por min mesmo as leis basicas da natureza, fundamentalmente a conocida como lei da gravidade.

O batacazo foi bó, e fixo que por uns intres a adrenalina que saida por todos os poros do meu ser, mesmo secasen todo o sudor que o día merecía.

A pesar da forte door inicial no ombreiro dereito vin que tiña perfecta movilidade e acabei perfectamente a marcha, xa que só faltaban uns 12 kilometros para o fin.

A noite paseime polo Policlínico e fixenrome un foto moi fea e blanco e negro, pero podiase ver perfectamente que todos os osos estaban no seu sitio e enteiriños....o galeno, amablemente, díxome que como tiña moita masa muscular amortiguara mellor o golpe... así que como conclusión saco que para ir o monte hai que ir ben alimentado, que sempre axuda....

 

fenoco

27/06/2011, 19:47

Alégrome que non fora nada. Nunca e bo momento para practicar o voo sen motor pero agora menos a escasos dous meses da gran cita.

tonilatre

27/06/2011, 20:52

VAYA MAÑANITA MAS ACCIDENTADA. MAN, ESPERO QUE ESTES BIEN Y QUE DISFRUTEMOS DE OTRA SALIDA SIN TANTOS CONTRATIEMPOS. LO CIERTO ES QUE, COMO BIEN DICES, LLEVABAMOS UN BUEN RITMO HASTA EL PRIMER PERCANCE. NUNCA HABIA TERMINADO UNA MARCHA EN EL COCHE DE ASISTENCIA. FUE MUY ABURRIDO. LE HE ENVIADO UNA FOTO A TURO PARA QUE LA CUELGUE EN EL FORO . LO CIERTO, ES QUE ME ACOJONE, CUANDO ME QUEDE SOLO Y NO PARABAN DE PASAR HIDROAVIONES Y SIRENAS. MENOS MAL, QUE APARECIO UNO DE LA ORGANIZACION EN UN QUAD (MI BICI Y YO NUNCA HABIAMOS SUBIDO A UNO) Y ME DIERON UNA VUELTECITA GRATIS HASTA EL AVITUALLAMIENTO. UN 10 PARA LA ORGANIZACION PESE AL DIA TAN INOPORTUNO. PARECE SER QUE OTRA PERSONA ACABO EN UNA AMBULANCIA POR OTRA CAIDA Y EN EL COCHE DE ASISTENCIA, TAMBIEN SE ADICIONO OTRO COMPAÑERO POR OTRA CAIDA (MUY MAGULLADO EL HOMBRE) , LLEVABA UNA PEUGEOT DE HORQUILLA RIGIDA, NO ME EXTRAÑA...

ANIMO,  EL AÑO QUE VIENE LA VOLVEMOS  A HACER

JOLIN

27/06/2011, 23:10

Una ruta accidentada por lo que leo, pero lo importante es estar bien el resto son imponderables con los que siempre hay que contar. Vaya cambio de tiempo en 9 días, el día que fuimos Pachi y yo a esa zona aunque quisiésemos plantar fuego sería imposible aún con un garrafón de gasolina.

Un saludo.

CCR

01/07/2011, 12:12