ENLACE AL FORMULARIO
SER UN RIAZOR
ENLACES "PAGOS DIVERSOS"
ENLACES CALENDARIOS Y
ENVENTOS

ENLACES PATROCINADORES
Y COLABORADORES
ENLACES DE INTERES
JOLIN
Por certo os da zona din que na Caldeira (o nome o dí todo...) xa viron hoxe ranas con cantimplora...

JOLIN
Non é para que cunda o pánico, pero repasando o track da Mountemplaria resulta que tiña un erro no IBP: no lugar de 235 saen 277 polo track do ano pasado... bueno tendo en conta que imos ter bo tempo (demasiado bo tempo) iso non é nada... bueno e son tamén 3401 m de acumulado...
![]()
marcosgf
joder jose...y nos avisas hoy que tenemos todo preparado....bueno que se le va a hacer,paciencia. Acuerdate 20,30 en en el lateral de oh,coruña intentare estar un pelin antes. volviendo al tema de antes yo creia que eran 2900 acumulados y 600 metros mas dadas las circuntancias...joden,me volvere a mentalizar de lo que me espera,que sufrimiento.... ojo,he leido en el foro mtb,no se si a rafagas o rxvolador que las bajadas estan un poco peligrosas,ojito todo el mundo.....en mi humilde opinion vale la pena sufrir un poco mas subiendo y bajar tomando precauciones....al fin y al cabo el tiempo casi siempre se gana mas tiempo subiendo...e n el caso de la mayoria de los mortales. suerte y un saludo a todos los futuros caballeros templarios.
JOLIN
Mañá vai ser día moi pronto...
Mouchos, coruxas, sapos e bruxas. Demos, trasgos e diaños, espritos das nevoadas veigas. Corvos pintigas e meigas , feitizos das manciñeiras. Podres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas. LUME DAS SANTAS COMPAÑAS ...
mañá que alguén se apiade das almas dos beteteiros do CCRiazor...


AS 05:00 HORAS SAESE DA PARADA DE ACEA DE AMA,
PROCURADE TRAER A ALMA DESPERTA
fenoco
Tiña oído falar moito desta marcha. Moitos comentarios sobre a súa dureza, polo que xa viña un pouco preparado para o que me esperaba. Pero, ó contrario do que pasa outras veces, que oes falar tanto dunha cousa que despois na realidade xa non te sorprende e incluso te pode defraudar polas elevadas espectivas que levabas, esta marcha superou, pero moito, todo o que eu esperaba dela.
As subidas son tremendas, ademáis de moi técnicas, teñen porcentaxes moi altos e o peor e que se manteñen durante quilómetros, vamos, que non son rampas. As baixadas xa non sei como calificalas, quizás os nomes xa as definen perfectamente: "Bajada del diablo" ou “Puta parió”. Todo isto fai que teñas que ir con todos os sentidos funcionando ó máximo nivel, o corpo vai cunha tensión máxima, pendente de todo, porque ó mínimo descuido pode ser a perdición.
Eu podo dividir a miña marcha en tres partes, a primeira coa saída con calma como se foramos de paseo e pouco a pouco entrando en calor e tratando de non forzar demasiado xa que tiña unha lixeira idea do que me esperaba. A segunda xa pasado o primeiro tercio máis ou menos e notaba eu que me atopaba ben e case sen darme conta, quizás influenciado polos grupos que me ía atopando, empecei a darlle máis caña. E a terceira máis ó menos ó pasar o Val do Silencio, onde nunca mellor dito, comecei a sufrir en silencio. A terceira parte da marcha fíxose tremendamente dura. A última subida que por algo se chama "La caldera", cun sol machacándote e unha temperatura moi elevada fixeron que chegara cun nivel de “esperrechamiento” que non recordaba.
Nunca bebín tanta auga na miña vida. Litros e litros de auga e todo tipo de bebidas... e sandía, e cereixas, plátanos....etc
A Pachi e a David so os vin na saída e na chegada. Jolín e Luis pasáronme nunha das primeiras subidas e coincidimos nos primeiros avituallamientos e con Marcos tamén coincidín nalgún avituallamiento.
A marcha está moi ben organizada, ten uns avituallamentos impresionantes, con todo tipo de bebidas, froitas, barriñas, xamón... e á noite, xa no castelo, un sitio incomparable, primeiro pinchos e depois cea e de remate queimada.
Agradecer ós compañeiros da de monte o estupendo fin de semana que pasei con eles.
https://picasaweb.google.com/fealnoco/MounTemplaria250611?feat=directlink
marcosgf
La verdad es que estoy intentando pensar como explicar lo que mis 5 compañeros y yo vivimos en el dia de ayer en ponferrada, y no tengo casi que palabras,seguramente todo lo que explique ahora habria que multiplicarlo por 10 y a lo mejor me quedaba corto.... subidas super-tecnicas solo aptas para la gente que se entrena bien y tiene bastante tiempo para disfrutar de este expectacular deporte,bajadas que en ningun momento te dan respiro,teniendo que mantener los 5 sentidos,o los que te queden en ese momento,para no caerte,he visto gente sufrir como en ninguna marcha de mi vida,caidas,golpes de calor,intentar llegar a ponferrada casi que de cualquier manera,en fin creo que ser FINISHER es un super premio solo al alcanze de unos pocos. En lo personal resumir la prueba en dos partes una primera muy buena,me sentia bien,andaba rapido,esto me hizo llegar al avituallamiento de san cristobal aprox km 33 en 3 horas 51 min. estaba contento mis expectativas se cumplian con creces,baje como pude y relativamente rapido el demonio.....pero a partir de aqui no se el motivo,se me empezaron a subir los musculos y empezo mi particular calvario,teniendo que caminar muchisimo tiempo y pararme casi continuamente a estirar,saque fuerzas de donde no las tenia y me plante en ponferrada. Un saludo y NOS VEMOS PARA EL AÑO.
JOLIN
Polo que leo, e os comentarios a posteriori, a marcha non nos defradou a ningún dos que formamos o grupo do CCRiazor, por suposto que suscribo todo o que dicen os compañeiros de queimada, digo de ruta.
Pola miña parte decir que saímos tamén moi tranquilos xa que os consellos do veterano Luis1906 así o dictaban. Xa vimos dende primeira hora que o enemigo a batir iba ser o Lorenzo e a propia cabeza dun. Coincidimos en varios tramos co resto da grupeta excepto a Pachi que, como era de esperar, galopou entre "la crem de la crem". Luis e eu fixemos tandem hasta chegar o avituallamento de Montes no quilómetro 44 onde a él lle empezaron os tiróns que imposibilitaron que seguira a un ritmo normal, o final deu recuperado pouco a pouco e bypaseando a Caldeira e a subida a Pajariel plantouse no castelo en Ponferrada sin maiores contratempos. Eu dende ese punto continuei solo pero sempre acompañado a ratos de algún coñecido (moito galego nesta marcha).
Sentinme ben a pesares de ver na pantalla do termómetro 48º C na Caldeira co que case me teño que pellizcar para creer que era capaz de estar subindo, pedaleando con enerxía e esa temperatura ambiente. A baixada final de "Puta parió" foi espectacular e hai que ter a olla un pouco fora do sitio para tirarse por alí abaixo pero as gañas de que salga a adrenalina polas orellas fai que te atrevas os retos máis imposibles.
En fin, a rota increible, a organización impecable con avituallamentos onde non faltaba nada e atención por parte de todos fenomenal, os compañeiros de viaxe tamén do mellor e o ambiente vivido foi o dos grandes acontecementos.
A ver para o ano que nos plantexamos xa que o sufrimento deste aínda está moi presente pero dende logo que pulindo algún tramo de excesivo pateo costa arriba, esta rota ten pinta de ir hacia un clásico beteteiro.
Saúdos e cando poida e depure irán as fotos.
JOLIN
Xa teño as fotos da aventura: ![]()
https://picasaweb.google.com/ccriazor2009/Mountemplaria2011Ponferrada#

JOLIN
Poño dous vídeos feitos pola xente de Burela que están moi ben, está claro que na baixada a Putaparió o efecto de ver a roda de atrás parada e a bici en marcha non é un efecto óptico, e que se baixa moito tempo así coa de atrás e a de adiante, jejeje:
JOLIN
Os tempos dos 4 primeiros, os nosos e o de peche:

Unhas fotos das miles que se tomaron:
Eu e meu cuñado Luis1906 en plenitude xa que era pola mañá e fresquiños:

Chegando eu ó avituallamento de Montes en plena tarde:

Cambiando impresións con Luis de Abadín:

David tamén chegando a Montes:

Meu cuñado arribando tamén:
