BREVET DE 200 KM
Ruta del Prestige. Pola Costa da Morte.
24 DE MARZO
BREVET DE 300 KM
Polas cabeceiras do Eume e Miño
21 DE ABRIL
ABONA TU CUOTA ANUAL
CÓMODAMENTE DESDE LA
PASARELA DE PAGO SIN
RECARGO ALGUNO
AQUÍ
HAZTE SOCIO DEL C.C.RIAZOR, ASEGURA TU PLAZA EN TODOS
SUS EVENTOS Y AHORRATE UNOS EURILLOS
PARA VER O CALENDARIO DE SAÍDAS ENTRE-SEMANA PICA EN "EL CLUB" SALIDAS BTT ENTRE-SEMANA
Rematou un ano mais a tempada ciclomaster, e coma sempre, hai que facer balance dos éxitos ou fracasos acadados por este insigne clube. Primeiro hai que poñer en antecedentes, o que se esperaba a priori dos nosos atletas.
Comenzou a tempada con grandes ambicións no equipo de master-40, onde contabamos antes de votar a rodar cun potencial nunca xamais coñecido nesta categoría mais acá dos Ancares. A saber, contábamos cun Jesús Cuervo recuperado para o ciclismo o ano pasado e que fixera un principio de tempada extraordinario, e neste ano esperábamos, co seu pase á nova categoría, uns resultados esperanzadores mais as desgracias caídas sobre o seu xeonllo impediron culminar os éxitos esperados.
Seguimos con Juan. Qué podemos decir deste home, cun potencial extraordinario, pulsacións extremadamente baixas, velocidade extrema, a lo menos, pe a térra, que este ano decidiu deprimirse e encerrarse , castigado, por un tempo. Gracias os esforzos dalgúns amigos incondicionais conseguiron sácalo das sábanas a rastro e recupéralo para o ciclismo cara ó futuro.
Lembremos que Jesús Cuervo, Juan e Julio, son master-40 de 1° ano. Futuro seguimos tendo nesta categoría a pouco que a sorte nos acompañe. O importante é non desfalecer. Julio. Tamén, os problemas familiares apartáronnos a este búfalo do asfalto "por este ano", xa que véselle entrenar con ;imoitas ganas a estas alturas, mesmo con choiva. Calquera dos tres teñen, sinceramente, moitas posibilidades de éxito na categoría, a menos que a sorte os acompañe un pouco, e as gañas un moito.
Cerramos os master - 4O có "CRACK" do ano, Manolo. Manoliño, tesme que deixar fotocopia-lo libro de Amstrong e pasarme o bote sen caducar do Supradyn.
"Menuda tempada " se marcou o " cabrón". Que eu saiba. fixo segundo en Cangas, segundo na nosa carreira, primeiro e con "RECORD" da categoría, por mais de 1'20" na cronoescala da de Lousame, e un méritorio papel nun campionato galego que a pesar de non favorecerlo nada, intentouno unha e outra vez, tendo que dobla-lo xeonllo ante os sprinters na línea de meta. Ah!, e a carreira que fixo mais ala das nosas fronteiras onde fixo segundo tan so doblegado ante un dos mellores corredores da categoría en España, que é dicir, do mundo.
Ismael. Despois da mellora acadada o ano pasado, veíase que este ano pedería suceder o mesmo, e así foi. A súa mellora é progresiva e segura, e aínda que poidera parecer que os resultados non acompañan, esto non nos pode engañar, xa que estamos na categoría mais difícil do panorama ciclista galego. Eu estou seguro que cara ó ano que ven, ou como moito para o seguinte estoupara e non por sobreentrenamento senon porque está na mellor idade, e o seu potencial tanto subindo como llaneando, nos seus duros demarraxes, e incluso no sprint, son do mellor. Ollo ó tempo con este "rapaz".
José Manuel. Non hai moito que dicir sobre este veterano das competicións, xa que aínda que non é o mais vello, sí o que leva mais tempo competindo, e iso é o que está marcando a súa carreira nestes intres.
Véselle que está mais fora que dentro, e tamén, polos comentarios alleos , como persoais, no seu claro declive pro fesiona!. As súas participacións son tan escasas como os cartas do club, e os resultados nefastos, vendoselle arrastrar os pedales polas pistas que rodean Culleredo, na nosa carreira, penoso, que se retire axiña, o que non nos faga sufrir mais.
E deixei para o final, o noso actual CAMPION GALEGO de MASTER-50. Félix comenzou este ano na súa andadura polo perigoso mundo da competición e fíxoo contando as súas participacións por victorias, dúas participacións e dúas victorias, ¡sí! ¡DÚAS!, xa que para nos é o actual CAMPION.
Con esto enlazo, e para rematar, có que está a acontecer ñas nosas carreiras de ciclomaster a consecuencia da nefasta organización da federación galega de ciclismo (e pono en minúsculas o seu nome mentras non demostré merecer maior distinción), así como os arbitros que nos dirixen.
Este ano debemos queixarnos da falta de previsión por parte da organización de avisar sobre o percorrido exacto da carreira no campbnato galego, prexudicando seriamente ó resultado final da carreira de MASTER-50, como todo o mundo xa ten no seu coñecemento. Tamén sabemos dos cambios sufridos na data do campeonato galego a últimísima hora, dous días escasos da celebración da proba, có que esto conleva na forma física dos ciclistas.
Achacárono á decisión de tráfico, pero foi a única categaría que se viu perxudicada. Xa todo comenzou mal cando a comunicación da data do galego, por outra parte mais cedo do normal, faise a traverso da páxina web, pero non no espacio adicado ó "calendario senon a traverso do apartado "noticias". A súa explicación foi que o programa foi mal feito e o apartado de calendario tan so serviu para usar o primeiro ano. pero despois xa non se pode meter nada mais nel.
Agora para cambiar esto sería necesario un gasto non compensable. Todo moi bonito, pero cando sucede esto é normal que se informe ó respecto, ¿non?. Así sucedeu que os nosos atletas enteráronse de todo esto tarde, tendo que adianta-la súa preparación axiña e correndo, con problemas posteriores de lesións, e para colmo, despois anúlase o galego e deixase indefinidamente ata que nos enteramos que o deciden poner ó final da tempada," TOMA MORENA".
Ben, pois todo isto pasou iste ano, pero, señores, o ano pasado metéronnos nunha encerrona, producíndose numerosas caídas e lesións na baixada do galego, e decidiron que os dorsais a levar polos participantes de ciclo e master-30 fosen os mesmos, en explicacións deles porque xa nos coñecemos todos de correr durante todo o ano, "CHÚPATE ESA".
Esto foi dito por un señor xuiz, os mesmos que despois queren ñas carreras que organizamos os particulares que os dorsais ademáis de ir separados por categorías teñan distintas cores. As cores deberían subirselle a eles as meixelas. E por si fora pouco hai dous anos puxeron a liña de meta en adoquinado e a 50 metros da parede da igrexa de Cambados. Moi bonita a igrexa, pero no sprint final, ó ganador viuselle frear antes de pásala meta, e aínda asi, algún espetouse contra os duros muros do monumento eclesiástico. "SACRILEXIO".
A pesar de todo, os ciclistas manteñen todalas súas ganas e esperanzas nunha próxima tempada chea de segredos e éxitos para algúns. O mais importante é ter marcado un obxectivo que te mova a practicar tan sacrificado e gratificante deporte, ou calquera outro, aínda que logo os resultados non acompañen se fose así, mellor que mellor, e se non xa teremos parte do camino feito.